Manuel Pardo de Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1760 ![]() Xaz, España ![]() |
Morte | 5 de maio de 1823 ![]() Francia ![]() |
Causa da morte | Cólera ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , sacerdote ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Pazo_de_Xaz%2C_Dorneda%2C_Oleiros.jpg/220px-Pazo_de_Xaz%2C_Dorneda%2C_Oleiros.jpg)
Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Dorneda, Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Rogos_de_un_escolar_gallego_a_Virx%C3%AA_do_Bo_Acerto_para_que_libre_a_terra_da_Inquisici%C3%B3n%2C_1841%2C_Manuel_Pardo_de_Andrade.pdf/page4-220px-Rogos_de_un_escolar_gallego_a_Virx%C3%AA_do_Bo_Acerto_para_que_libre_a_terra_da_Inquisici%C3%B3n%2C_1841%2C_Manuel_Pardo_de_Andrade.pdf.jpg)
Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor.[1] En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.[2]
En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Vigo: Xerais. p. 99.
- Saurín de la Iglesia, M. R. (1991). Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832). A Coruña: Autoedición.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Papeis condenados textos publicados en lingua galega no pregaleguismo [1]. Consello da Cultura Galega.