Manuel Rei Romeu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1964 (60 anos) Vilancosta, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, crítico literario, político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Manuel Rei Romeu, nado en Vilancosta (Berres, A Estrada) o 3 de marzo de 1964, é un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de educación secundaria no IES Concepción Arenal de Ferrol. Estudou a obra literaria e política de Castelao e foi un dos integrantes do comité científico encargado da publicación da Historia da Literatura Galega (AS-PG - A Nosa Terra) en 1996. Participou en diversos congresos, seminarios e xornadas.
A nivel político foi nas listas do BNG nas eleccións municipais de 1995 en Pontedeume, e saíu escollido concelleiro. Revalidou o cargo en 1999, 2003, 2007 e 2011 como cabeza de lista dos nacionalistas. Ademais, entre 1999 e 2007 tivo responsabilidades de goberno en executivos liderados polo candidato do PSdeG-PSOE, Belarmino Freire. En decembro de 2011 anunciou que deixaba a vida municipal.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao, 1991, Edicións do Cumio.
- Castelao e Sempre en Galiza, 1996, Laiovento.
- Afonso Daniel Castelao, 1999, A Nosa Terra.
- Castelao: Desta Terra, deste tempo, 2000.
- Volver a Castelao, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Edicións
[editar | editar a fonte]- A Narrativa de Castelao. Antoloxía, (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.
- Sempre en Galiza (Antoloxía), (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Literatura Galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra.
- Literatura Galega: Da Idade Media ao Século XIX, 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RENUNCIO Á ACTA DE CONCELLEIRO NO CONCELLO DE PONTEDEUME". arquivo.bng-galiza.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-17.