MACSAT
MACSAT (Multiple Access Communications satellite) foi unha serie de dous satélites de comunicacións militares estadounidense.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os dous satélites MACSAT foron a terceira xeración de satélites militares dixitais de comunicacións tácticos para demostrar o uso de UHF para a transmisión de voz, datos, fax e vídeo na modalidade de "gardar e enviar", pola que se envían datos desde terra ao satélite, este gardaos e ao sobrevoar unha estación receptora os envía a terra.[1][2]
Os satélites estabilizábanse mediante gradente gravitatorio mediante un mastro 9 metros cunha masa de 2,3 kg no seu extremo, aínda que o mastro dun dos satélites parece que fallou en despregarse. O corpo dos satélites tiña forma cilíndrica coa superficie cuberta de células solares para producir ata 17 W de potencia, almacenados en baterías de níquel-cadmio de 150 vatio-hora de capacidade. A carga útil, parecida ao do satélite GLOMR, usaba procesadores dixitais duais para proporcionar redundancia e ata 16 MB de almacenamento. Cada satélite dispoñía de dous transmisores sintonizables de 10 W de potencia, un receptor auxiliar de 65 W para a adquisición de comandos e reconfiguración de hardware e dous sistemas de antenas.[1][2]
Ambos MACSAT foron lanzados o 9 de maio de 1990 usando un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita duns 600 x 700 km de altura e 90º de inclinación orbital. Un dos satélites foi usado para o envío de mesaxes durante a Guerra do Golfo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MACSAT |