Mars Exploration Rover
Mars Exploration Rover ou MER foron un par de róvers da NASA enviados a explorar Marte.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A NASA deseñou e construíu dous vehículos de superficie para a exploración de Marte na ventá de lanzamento de 2003 aos que denominou xenericamente Mars Exploration Rovers ou MER, e denominando a un deles MER 1 e ao outro MER 2. Eventualmente a MER 1 se lle coñecería como Opportunity e ao MER 2 como Spirit. De maneira un tanto confusa, a NASA denominou a conxunto de etapa de cruceiro e MER 2 durante a viaxe ata Marte como MER A e á etapa de cruceiro xunto con MER 1, MER B.[1][2]
Cada MER tiña unha masa duns 130 kg estaban baseados no deseño do rover Athena pensado para a misión Mars 2001 Lander, que nunca chegou a levarse a cabo. A configuración de cruceiro, cunha etapa de entrada atmosférica protexendo ao róver correspondente e unha etapa de cruceiro, co sistema de control, enerxía e propulsión, estaba baseada na da misión Mars Pathfinder, e os MER aterraron en Marte usando o mesmo sistema que nesa misión: paracaídas e airbags.[1][2]
MER A foi lanzado mediante un Delta 7925 o 10 de xuño de 2003 e MER B o 8 de xullo de 2003 cun Delta 7925H, os dous desde Cabo Cañaveral. Spirit chegou a Marte o 4 de xaneiro de 2004, aterrando no cráter Gusev. Opportunity tocou terra en Meridiani Planum o 25 de xaneiro dese mesmo ano. A misión principal dos vehículos tiña unha duración de 90 días, pero alongouse varios anos grazas á resistencia e bo deseño de ambos róvers. Spirit finalmente deixou de comunicarse coa Terra o 22 de marzo de 2010, mentres que Opportunity continúa enviando datos.[1][2]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Os MER levaban os seguintes instrumentos a bordo:[1][2]
- Unha cámara panorámica (Pancam).
- Unha ferramenta de abrasión de rochas (RAT) para estudar superficies recentemente expostas.
- Un espectrómetro térmico infravermello en miniatura (MiniTES).
- Un cámara con microscopio.
- Un espectrómetro Mössbauer.
- Un espectrómetro de protóns, raios alfa e raios X (APXS).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Exploration Rover |