Saltar ao contido

Hertz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MHz»)
Hertz
Tipounidade derivada do Sistema Internacional de Unidades, unidade do SI cun nome especial, unidade phenes de SI, unidade derivada de UCUM, unidade de frequência e unit of call intensity
Nomeado en referencia aHeinrich Rudolf Hertz
editar datos en Wikidata ]

O hertz[1] (símbolo Hz), tamén chamado hercio,[2] é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s−1, 1/s).

A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo. O nome foi establecido pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930. Este foi adoptado pola Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM, Conférence générale des poids et mesures) en 1960, substituíndo o nome anterior de ciclos por segundo (cps), así como os seus múltiplos relacionados, principalmente quilociclos por segundo (kc/s), megaciclos por segundo (Mc/s) e ocasionalmente quilomegaciclo por segundo (kMc/s) e xigaciclo por segundo (Gc/s).

Un hercio representa un ciclo por cada segundo, entendendo ciclo como a repetición dun suceso. Por exemplo, o hercio aplícase na física para a medición da cantidade de veces por un segundo que se repite unha onda (xa sexa sonora ou electromagnética), magnitude denominada frecuencia e que é, neste sentido, a inversa do período. Un hercio é a frecuencia dunha partícula puntual nun período dun segundo.

Por exemplo, a luz vermella ten unha frecuencia de preto de 4.6×1014 Hz. A enerxía eléctrica, en corrente alterna, chega ao consumidor (fogar, industria) coa frecuencia de 50 Hz ou 60 Hz, dependendo do país ou rexión.

Múltiplos no Sistema Internacional[editar | editar a fonte]

Símbolo/Unidade Frecuencia
1 quilohertz kHz 103 Hz 1 000 Hz
1 megahertz MHz 106 Hz 1 000 000 Hz
1 xigahertz GHz 109 Hz 1 000 000 000 Hz
1 terahertz THz 1012 Hz 1 000 000 000 000 Hz
1 petahertz PHz 1015 Hz 1 000 000 000 000 000 Hz
1 exahertz EHz 1018 Hz 1 000 000 000 000 000 000 Hz
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hertz.
  2. "Hercio". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 08/02/2018.