Enerxía eléctrica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Electromagnetismo |
---|
Electrostática |
Magnetostática |
Electrodinámica |
Circuíto eléctrico |
Formulación covariante |
Científicos |
Denomínase enerxía eléctrica á forma de enerxía que resulta da existencia dunha diferenza de potencial entre dous puntos, o que permite establecer unha corrente eléctrica entre ambos —cando póñense en contacto por medio dun condutor eléctrico— e obter traballo. A enerxía eléctrica pode transformarse en moitas outras formas de enerxía, tales como a enerxía luminosa ou luz, a enerxía mecánica e a enerxía térmica.
A súa xeración, transporte, distribución e uso é unha das bases da tecnoloxía utilizada polo ser humano na actualidade.
A corrente eléctrica
[editar | editar a fonte]A enerxía eléctrica maniféstase como corrente eléctrica, é dicir, como o movemento de cargas eléctricas negativas, ou electróns, a través dun cable condutor metálico como consecuencia da diferenza de potencial que un xerador estea aplicando nos seus extremos.
Cada vez que se acciona un interruptor, péchase un circuíto eléctrico e xérase o movemento de electróns a través do cable condutor. As cargas que se desprazan forman parte dos átomos da substancia do cable, que adoita ser metálica, xa que os metales —ó dispoñer de maior cantidade de electróns libres que outras substancias— son os mellores condutores da electricidade. A maior parte da enerxía eléctrica que se consome na vida diaria provén da rede eléctrica a través das tomas chamadas enchufes, a través dos que chega a enerxía fornecida polas compañías eléctricas aos distintos aparellos eléctricos —lavadora, radio, televisor etcétera- que se desexa utilizar, mediante as correspondentes transformacións; por exemplo, cando a enerxía eléctrica chega a unha aspiradora, convértese en enerxía mecánica, calórica e nalgúns casos luminosa, grazas ao motor eléctrico e ás distintas pezas mecánicas do aparello. O mesmo pódese observar cando funciona un secador de pelo ou unha estufa.
Fontes de enerxía eléctrica
[editar | editar a fonte]A enerxía eléctrica apenas existe libre na Natureza de xeito proveitoso. O exemplo máis relevante e habitual desta manifestación son as tormentas eléctricas. A electricidade tampouco ten unha utilidade biolóxica directa para o ser humano, salvo en aplicacións moi singulares, como puidese ser o uso de correntes en medicina, resultando en cambio normalmente desagradable e ata perigosa, segundo as circunstancias. Con todo é unha das máis utilizadas, unha vez aplicada a procesos e aparellos da máis diversa natureza, debido fundamentalmente á súa limpeza e á facilidade coa que se xera, transporta e converte noutras formas de enerxía. Para contrarrestar todas estas virtudes, hai que apuntar a dificultade que presenta o seu almacenamento directo nos aparellos chamados acumuladores.
A xeración de enerxía eléctrica lévase a cabo mediante técnicas moi diferentes. As que fornecen as maiores cantidades e potencias de electricidade aproveitan un movemento rotatorio para xerar corrente continua nunha dinamo ou corrente alterna nun alternador. O movemento rotatorio resulta á súa vez dunha fonte de enerxía mecánica directa, como pode ser a corrente dun salto de auga ou a producida polo vento, ou dun ciclo termodinámico. Neste último caso, quéntase un fluído, ao que se fai percorrer un circuíto no que move un motor ou unha turbina. A calor deste proceso obtense mediante a queima de combustibles fósiles, reaccións nucleares e outros procesos.
A xeración de enerxía eléctrica é unha actividade humana básica, xa que está directamente relacionada cos requirimentos actuais do ser humano. Todas a formas de utilización das fontes de enerxía, tanto as habituais como as denominadas alternativas ou non convencionais, agriden en maior ou menor medida o ambiente, sendo de todos os xeitos a enerxía eléctrica unha das que causan menor impacto.
Xeración de enerxía eléctrica
[editar | editar a fonte]A enerxía eléctrica pódese obter de distintos medios:
- Centrais termoeléctricas
- Centrais hidroeléctricas
- Centrais xeo-termo-eléctricas
- Centrais nucleares
- Centrais de ciclo combinado
- Centrais de turbo-gas
- Centrais eólicas
- Centrais solares
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enerxía eléctrica |