Saltar ao contido

Midcourse Space eXperiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MSX»)
Midcourse Space eXperiment / MSX
Representación artística de MSX
TipoObservatorio espacial / Militar
OrganizaciónDepartamento de Defensa dos Estados Unidos[1]
Data de lanzamento24 de abril de 1996, 12:27 GMT[2][3][4]
Foguete portadorDelta 7920[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas e detector de mísiles.[3][5]
NSSDC ID1996-024A
Masa2700 kg[1][3][5]
Potencia1200 vatios[1][3][5]

MSX (acrónimo de Midcourse Space eXperiment) foi un proxecto da BMDO (Ballistic Missile Defense Organization, Organización de Defensa de Mísiles Balísticos) co propósito principal de recoller datos nun amplo intervalo de lonxitudes de onda (desde o ultravioleta ao infravermello) para demostrar a factibilidade de descubrir e seguir mísiles balísticos durante a súa fase de voo de cruceiro. Ademais os instrumentos de a bordo foron utilizados para realizar estudos aeronómicos (estudando as abundancias de ozono, clorofluorocarbonos, dióxido de carbono e metano) e aurorais.[1][3]

Características

[editar | editar a fonte]

MSX estaba composto por tres seccións de 1,5 x 1,5 m de lado que albergaban a electrónica, o hidróxeno sólido a unha temperatura de 8,5 K para arrefriar os detectores e os tres instrumentos de observación. Os datos recollidos eran procesados en tempo real polo OSDP (On-board Signal and Data Processor) para detectar e seguir os sinais xerados polos instrumentos. Ademais posuía sensores para medir a contaminación e degradación do rendemento dos instrumentos principalmente por procesos de desgasificación, e liberou varias esferas de 2 cm de diámetro para calibrar os instrumentos.[1][3][4]

A nave estabilizábase nos tres eixos cunha precisión de 0,01 graos usando volantes de inercia. Era capaz de almacenar ata 108 Gb de datos e comunicábase con terra en banda X mediante antenas orientables e cun ancho de banda de 2 kbps en subida e 25 Mbps en baixada. Os dous paneis solares do satélite xeraban ata 1200 vatios de potencia que alimentaban baterías de hidruro de níquel.[5]

O satélite foi insertado nunha órbita inicial de 908 km de perixeo e 913 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 99,4 graos e un período orbital de 102,9 minutos. Deixou de funcionar en xuño de 2008.[4]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

MSX levaba tres instrumentos a bordo:[1][2][3]

  • SPIRIT III (Space Infrared Imaging Telescope): un radiómetro de alta resolución espacial e cinco lonxitudes de onda xunto cun espectrómetro de transformada de Fourier de seis canais e alta resolución espectral.
  • UVISI (Ultraviolet and Visible Imagers and Spectrographic Imagers): formado por cinco detectores espectrográficos e catro detectores no rango ultravioleta e visible.
  • SBV (Space-Based Visibl): un telescopio de 15 cm de apertura para o rango visible cun CCD e electrónica de procesamento de imaxe.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MSX" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MSX" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (26 de agosto de 2014). "MSX" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Note verbale dated 21 March 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-22218). 8 de abril de 1997: 9. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2011). "MSX" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]