Multispectral Thermal Imager
Multispectral Thermal Imager / MTI | |
---|---|
Tipo | Recoñecemento |
Organización | Departamento de Enerxía dos Estados Unidos[1] |
Bus | BCP-600 |
Data de lanzamento | 12 de marzo de 2000, 09:29 GMT[2][3][4] |
Foguete portador | Taurus[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][5] |
Obxectivo da misión | Recoñecemento, vixilancia nuclar[3][5] |
NSSDC ID | 2000-014A |
Masa | 587 kg[1][3][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6844 km[5] |
Inclinación | 97,5 graos[5] |
Apoapse | 474,5 km[5] |
Periapse | 458,2 km[5] |
MTI (acrónimo de Multi-spectral Thermal Imager) foi un proxecto do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e Oficina de Non Proliferación e Seguridade Nacional co propósito de realizar tarefas de vixilancia de centros nucleares e busca de po relacionado co procesamento de uranio. Foi lanzado o 12 de marzo de 2000 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]MTI, baseado no bus BCP-600, pesaba 587 kg ao lanzamento e levaba a bordo sensores para poder observar en 15 bandas espectrais diferentes en lonxitudes de onda visibles e infravermellas. Os sensores tamén fixeron observacións con fins científicos e civís, estudando a atmosfera. Os sensores foron construídos nos Laboratorios Nacionais de Sandia. A bordo tamén viaxaba un espectrómetro de raios X (HXRS, High-energy X-ray Spectrometer), patrocinado pola NOAA e o Instituto Astronómico da República Checa, que observou erupcións solares e tormentas de partículas de alta enerxía.[1][3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MTI (P97-3)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466). 25 de xaneiro de 2001: 7. Consultado o 12 de marzo de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.