Saltar ao contido

Mac OS X Panther

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mac OS X Panther
Desenvolvedor(es)Apple Inc.
Sitio webwww.apple.com/support/panther/

Mac OS X Panther (versión 10.3) é a cuarta versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Seguiu a Mac OS X Jaguar e precedeu a Mac OS X Tiger. Foi lanzado o 24 de outubro de 2003, cun prezo de venda de 129 USD para un só usuario e de 199 USD para unha licenza familiar de cinco usuarios.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Ademais de ter un rendemento moito maior, incorporou a maior actualización no interface de usuario, e tantas ou máis melloras que Jaguar o ano anterior. Por outra banda, nesta versión deixaron de soportarse algúns modelos antigos G3.

As novas melloras de Panther inclúen:

  • Finder actualizado, que incorpora unha interface metálica e procura rápida.
  • Exposé: unha nova forma de manipular fiestras.
  • Cambio Rápido de Usuarios: que permite ter sesións con diferentes usuarios abertas ao mesmo tempo e pasar dunha a outra rapidamente.
  • iChat AV que engade soporte para videoconferencia a iChat.
  • Renderización mellorada de PDF.
  • Soporte integrado de fax.
  • Interoperatibilidade con Microsoft Windows moito maior.
  • FileVault: Sistema de cifrado en tempo real do directorio privado de cada usuario.
  • Incremento de velocidade en todo o sistema cun maior soporte para os G5.
  1. "Apple Announces Mac OS X "Panther". apple.com. Consultado o 2023.