Saltar ao contido

Machón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Machóns de maior e menor de ladrillo.

Un machón é, en arquitectura, calquera piar de madeira ou fábrica que sostén ou fortalece unha construción[1] Normalmente emprégase o termo na construción de muros ou paredes, para designar piares tanto de ladrillo, como de cantaría de pedra, que se labra a treito nas paredes de cachotaría para as fortificar.

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

Distínguense os tipos de machóns a seguir:

  • Machón de maior e menor: chámase así ao machón de ladrillo que hai nas tapias de caixóns ou historias que ten anacos largos e angostos alternativamente.
  • Machón de medianil: chámase así ao encabezado de cantaría de perpiaño que forma a cabeza dunha parede de medianil e liga coas paredes de fachada de dúas casas acaroadas.
  • Machón divisorio: o que forma a testa dunha parede de medianil e recibe os lumiares, linteis etc. de dous paños de casas acaroadas.
  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=mach%C3%B3n&sinom=0&homonimo= |título=Definición en Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140911002149/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=mach%C3%B3n&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=11 de setembro de 2014 |urlmorta=yes }}

Diccionario de arquitectura civil. Benito Bails. 1802