Macrotis leucura
Macrotis leucura Bilbí pequeno | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Extinto [1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Macrotis leucura (Thomas, 1887) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución histórica de Macrotis leucura
|
- Artigo principal: Tilacomíidos.
Macrotis leucura, coñecido na bibliografía internacional como bilbí pequeno,[2] é unha especie de mamífero marsupial do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos e orde dos peramelemorfos e familia dos tilacomíidos,[3] extinta desde mediados do século XX).[1]
Características
[editar | editar a fonte]Moito máis pequeno que o bilbí grande, pesaba entre os 300 e os 450 g.[4] Tiña unha pelaxe gris apardazada que se tornaba gris pálida no ventre, e a cola era branca (ao que alude o seu nome específico).[4][5] A cola deste animal era longa, aproximadamente o 70 % do total da súa lonxitude de cabeza e tronco.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Moi pouco se sabe acerca da súa antiga área de distribución, xa que desta especie só se recolectaron seis espécimes na historia moderna, co primeiro exemplar procedente dunha rexión descoñecida.[6]
En tempos modernos a especie era endémica do deserto de Gibson e do Gran Deserto Areoso do árido centro de Australia, ao nordeste de Australia Meridional e ao sueste do Territorio do Norte. Seguramente tiña unha área de distribución máis ampla, pero é descoñecida.
Prefiría vivir nos desertos areosos e limosos, nas chairas de area e en dunas cubertas de Spinifex, Acacia aneura e Zygochloa, así como en pasteiros de Triodia con escasas árbores baixas e arbustos.[1]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Omnívoro, alimentábase a base de formigas, térmites, raíces, sementes, etc.; ademais, cazaban e se alimentaban de pequenos roedores nativos.[7]
Costumes
[editar | editar a fonte]Era un animal nocturno que pasaba o día agochado nos seus tobos, que podían chegar até os 2 ou 3 m de profundidade, e que pechaba súa entrada con area.
Reprodución
[editar | editar a fonte]As femias parían dúas crías por camada.
Causas da súa extinción
[editar | editar a fonte]Os bibís pequenos desapareceron debido á súa caza, devorados por raposos e pola competencia dos coellos introducidos en Australia. Os últimos exemplares que se viron vivos forron os avistados na "Estación de Cooncherie" en 1932. O último espécime encontrado foi un cranio que se atopou nun niño de aguia en 1967. Parece que este animal estaba morto desde había polo menos un quince anos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1887 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 5, 19: 397.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[3]
- Macrotis minor (Spencer, 1897)
- Macrotis miseliae Tate, 1948
- Macrotis miselius (Finlayson, 1932)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Macrotis, formouse cos elementos do latín científico macr-, do grego antigo μακρός makrós, 'grande', e o -otis, derivado do grego antigo οὖς ὡτός oús ōtós, 'orella'. Isto é, 'os de orellas grandes'.
O nome específico, leucura, cos elementos leuc-, calco do do grego antigo λευκ- leuk, de λευκόσ leukós, 'branco', e -ura, derivado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola'. É dicir, 'de cola branca'.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Burbidge, A., Johnson, K. & Dickman, C. (2008): Macrotis leucura na Lista vermella de especies en perigo da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de maio de 2016.
- ↑ castelán, bilbi mayor (tamén bandicut conejo); catalán, bilbi gros; francés grand bandicoot lapin (e tamén bilby e bandicoot lapin); inglés, greater bilby; italiano, bilby maggiore; portugués, bilby-grande.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Macrotis leucura no MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Lesser bilby Macrotis leucura Northern Territory Government. Australia.
- ↑ Francis Harper (1945). Extinct and Vanishing Mammals of the Old World.
- ↑ Jane Thornback & Martin Jenkins (1982): The IUCN Mammal Red Data Book: Threatened mammalian taxa of the Americas and the Australasian zoogeographic region (excluding Cetacea).
- ↑ Lesser Bilby (Macrotis leucura) en rainforestinfo.org.au
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macrotis leucura |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macrotis leucura |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Macrotis leucura (Thomas, 1887) no ITIS.
- Macrotis leucura na ADW
- Macrotis leucura na EOL. Con ampla información (en inglés).