Saltar ao contido

Madeleine Béjart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMadeleine Béjart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1618 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1672 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaÉglise Saint-Paul-des-champs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Madeleine Béjart, nada en París o 8 de xaneiro de 1618 e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1672, foi unha actriz francesa[1].

Biografía

[editar | editar a fonte]

Madeleine formaba parte dunha familia de actores parisiense, era a irmá máis nova de Joseph Béjart. Ós vinte anos tivo un fillo co protector da familia, o duque de Modène. Entrou no Théâtre du Marais a finais da década de 1630 e en 1643 fundou xunto con Molière o «Illustre Théâtre» do cal foi directora durante un tempo e demostrou gran talento para a xestión que contribuíu á boa marcha da tropa teatral pero en 1645 o teatro caeu en bancarrota e Béjart xunto a varios membros da súa familia e Molière marcharon ó sur de Francia para poder sobrevivir representando as obras de Molière en numerosas cidades e vilas. En 1658 Béjart e o seu grupo teatral volveron a París. Béjart foi a actriz principal do seu amante, interpretando as súas obras con gran fidelidade artística.

  1. [1], Encyclopædia Britannica (en inglés).