Mafalda de Portugal
Nome orixinal | (pt) Mafalda Sanches de Portugal |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1197 (Gregoriano) Portugal |
Morte | 1 de maio de 1256 (Gregoriano) (59 anos) Arouca, Portugal |
Consorte real da Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Orde relixiosa | Orde do Císter |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de maio |
Outro | |
Título | Príncipe Raiña de Castilla Princesa |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Henrique I de Castela (1215 (Gregoriano)–) |
Pais | Sancho I de Portugal e Doce de Aragón |
Irmáns | Tareixa de Portugal Branca de Portugal Sancha de Portugal Berengária de Portugal, rainha da Dinamarca Fernando de Portugal Afonso II de Portugal Pedro de Portugal Constança de Portugal I Raimundo de Portugal Pedro Moniz Rodrigo Sanches de Portugal Gil Sanchez Teresa Sanches de Portugal Martim Sanches de Portugal Urraca Sanches de Portugal Constança Sanches de Portugal |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Mafalda de Portugal nada o 11 de xaneiro de 1197 e finada o 1 de maio de 1256, foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de Castela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Sancho I de Portugal o Poblador e da súa muller, Doce de Barcelona.[1] En 1215 contraeu matrimonio con Henrique I de Castela pero a mocidade de ambos fixo que o matrimonio non se chegase a consumar. Ao ano seguinte, o matrimonio foi declarado nulo polo Papa Inocencio III por parentesco en grado prohibido.[1]
Á morte do seu pai, Mafalda, segundo as disposicións do testamento, tiña que recibir o castelo de Seia e a porción restante do termo municipal así como todas as rendas que aí se producían. Ademais, concedíaselle o dereito a utilizar o título de raíña.
Isto xerou un conflito co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando un poder centralizado, obstaculizou que a súa irmá puidese recibir os títulos e dereitos que lle correspondían. Afonso temía que algo parecido puidese suceder cos seus outras dúas irmás, Tareixa e Sancha, e cos eventuais herdeiros destas, creando un problema de soberanía que podía chegar a dividir o país.
Unha boa parte dos nobres portugueses puxéronse de parte de Mafalda e as súas irmás, pero terminaron derrotados. Á morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II concedeu ás súas tías algunhas terras e castelos, pero fíxolles renunciar ao título de princesa-raíña. A paz definitiva chegou en 1223.
Vida relixiosa
[editar | editar a fonte]Finalmente, tanto Mafalda como as súas irmás fixéronse monxas cistercienses. Mafalda fundou a Abadía de Arouca. O 1 de maio de 1256 faleceu no mosteiro de río Tinto. Ao querer trasladar o seu corpo ata Arouca atopárono incorrupto, o que xerou unha forte devoción cara á infanta portuguesa.
O 27 de xuño de 1793 foi beatificada polo Papa Pío VI, acompañando así ás súas irmás Tareixa e Sancha, declaradas beatas desde principios do século XVIII. A súa festividade celébrase o 2 de maio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fernandes Marques 2008, p. 62.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernandes Marques, Maria Alegria (2008). Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal (en portugués). Coímbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 972-772-019-6.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7.
Predecesor: Leonor Plantagenet |
Raíña consorte de Castela 1215–1216 |
Sucesor: Beatriz de Suabia |