Saltar ao contido

Magda Goebbels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMagda Goebbels

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Johanna Maria Magdalena Goebbels
(de) Johanna Maria Magdalena Quandt
(de) Johanna Maria Magdalena Friedländer
(de) Johanna Maria Magdalena Ritschel
(de) Johanna Maria Magdalena Behrend Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johanna Maria Magdalena Behrend Editar o valor en Wikidata
11 de novembro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1945 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Führerbunker, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio asistido, intoxicación por cianuro Editar o valor en Wikidata
Altura1,64 m Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, propagandist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoseph Goebbels (1931–1945)
Günther Quandt (1921–1929) Editar o valor en Wikidata
FillosHarald Quandt
 () Günther Quandt
Helga Susanne Goebbels
 () Joseph Goebbels
Hildegard Traudel Goebbels
 () Joseph Goebbels
Helmut Christian Goebbels
 () Joseph Goebbels
Holdine Kathrin Goebbels
 () Joseph Goebbels
Hedwig Johanna Goebbels
 () Joseph Goebbels
Heidrun Elisabeth Goebbels
 () Joseph Goebbels Editar o valor en Wikidata
PaiRichard Friedländer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ritschel-10 Find a Grave: 6906150 Editar o valor en Wikidata
Magda Goebbels

Johanna Maria Magdalena Goebbels, nada en Berlín en 1901 e finada en 1945, foi a muller de Joseph Goebbels, considerada a primeira dama do Terceiro Reich.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Filla de Auguste Behrend e de Oskar Ritschel, un rico enxeñeiro, que se divorcian cando Magda tiña tres anos. A súa nai casa con Richard Friedländer, un industrial xudeu. En 1906 trasládase a vivir co seu pai a Bruxelas, pouco despois a súa nai e padrasto trasládanse tamén a vivir á capital belga, e para o curso Magda queda interna no colexio das ursulinas. Co comezo da primeira guerra mundial en 1914 vese obrigada a marchar coa súa familia a Berlín. O seu pai, que se trasladara a Bad Godesberg e a quen Magda visitaba regularmente, influíu no seu achegamento ao budismo.

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

En 1920 coñece a Günter Quandt, un dos homes máis ricos de Alemaña, co que casa o 4 de xaneiro[1] de 1921 tras converterse ao protestantismo. En novembro tivo ao seu primeiro fillo, Harald. Pero o matrimonio non ía ben e comeza a manter relacións co dirixente sionista Chaim Arlosoroff, irmán dunha das súas mellores amigas. En 1929 divorciase de Quandt. En 1930 asistiu a un acto do NSDAP no que o participaba Goebbels e queda tan impresionada polo seu discurso que se afiliou ao partido nazi e consegue traballar como voluntaria nos arquivos da sede central do NSDAP, onde coñeceu persoalmente a Goebbels. O 19 de decembro de 1931 casaban, despois dunha suxestión de Adolf Hitler.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Con Goebbels tivo seis fillos:

  • Helga Susanne (1 de setembro de 1932 † 12)
  • Hildegard (Hilde) Traudel (13 de abril de 1934 † 11)
  • Helmut Christian (2 de outubro de 1935 † 9)
  • Hedwig (Hedda) Johanna (19 de febreiro de 1937 † 8)
  • Holdine (Holde) Kathrin (1 de maio de 1938 † 7)
  • Heidrun (Heide) Elisabeth (20 de outubro de 1940 † 4)

Terceiro Reich e suicidio

[editar | editar a fonte]

Logo da chegada de Hitler ao poder, Joseph Goebbles asumiu o posto de ministro de propaganda (marzo de 1933) e Magda asume o papel de primeira dama e modelo da nai alemá.

O 22 de abril de 1945, cando xa non quedaba moito para rematar a guerra Magda instálase coa súa familia no búnker da chancelaría, onde permanecía Hitler. O 1 de maio de 1945 Magda envelenou os seus fillos con cianuro e despois ela e o seu home suicidáronse.

  1. "Biographie Magda Goebbels. Deutsches Historisches Museum". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 02 de novembro de 2009.