Magdalena Valerio
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Magdalena Valerio Cordero 27 de setembro de 1959 (65 anos) Torremocha, España |
Presidente do Consello de Estado | |
20 de outubro de 2022 – ← María Teresa Fernández de la Vega | |
Deputada de España | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Guadalajara (en) | |
Deputada de España | |
16 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Guadalajara (en) | |
Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España | |
7 de xuño de 2018 – 13 de xaneiro de 2020 ← Fátima Báñez – Yolanda Díaz, José Luis Escrivá → Membro do gabinete: Primeiro Goberno de Pedro Sánchez | |
Deputada de España | |
30 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Q47175910 | |
2011 – 2015 | |
Deputada nas Cortes de Castela-A Mancha | |
19 de xuño de 2007 – 28 de maio de 2010 Lexislatura: Q47495856 Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Electa en: eleições regionais em Castilla-La Mancha (2007) (pt) | |
Q47175910 | |
1999 – 2005 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Guadalaxara |
Ocupación | xurista, política, avogada |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Magdalena Valerio Cordero, nada en Torremocha (Cáceres) o 27 de setembro de 1959,[1] é unha funcionaria e política española, membro do PSOE que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria política en Castela-A Mancha. Foi ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Goberno de España no goberno do primeiro goberno de Pedro Sánchez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Naceu en Torremocha onde estaba destinado seu pai que era Garda Civil. Cursou o bacharelato na Universidade Laboral de Alcalá de Henares e marchou estudar Dereito na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose na mesma en 1985.[1] Foi veciña de Guadalaxara desde 1989. Exerceu como preparadora de opositores e coordinadora da área de Laboral e Seguridade Social no Centro de Estudos Velázquez-ADAMS entre 1986 e 1990.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]É funcionaria do Corpo de Xestión da Seguridade Social e da Escala de Xestión de Emprego do INEM. Tamén traballou como xefa de Negociado de Persoal na Dirección Provincial do INSERSO de Guadalaxara entre 1991 e 1994 e posteriormente como subdirectora de Xestión Económico-Administrativa e secretaria provincial do INSALUD de Guadalaxara entre 1994 e 1999.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira no concello de Guadalaxara, cargo que repetiu en 2003 ao ser nomeada segunda tenente de alcalde e concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Patrimonio e Participación Cidadá. En setembro de 2005 foi nomeada conselleira de Traballo e Emprego de Castela-A Mancha e, en 2007, conselleira de Turismo e Artesanía. En setembro de 2008 asumiu a consellería de Administracións Públicas e Xustiza. Nas eleccións autonómicas de 2007 foi cabeza de lista do PSOE pola circunscrición de Guadalaxara, obtendo escano nas Cortes Rexionais.
En xullo de 2008 foi elixida vocal da Comisión Executiva Rexional do PSOE de Castela-A Mancha e en outubro do mesmo ano foi elixida Secretaria Xeral da Comisión Executiva Municipal da cidade de Guadalaxara. Así mesmo, desde 2000 ata 2012 foi membro do Comité Rexional do PSOE de Castela-A Mancha. En maio de 2010 abandonou o Consello de Goberno, sendo nomeada delegada da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha. Ese mesmo ano gañou as primarias para ser candidata do PSOE ao Concello de Guadalaxara, mais perdeu nos comicios de 2011, baixando ata 8 concelleiros, e quedou a liderar a oposición no Concello.[1]
En 2011, nas eleccións xerais, foi cabeza de lista do PSOE por Guadalaxara e obtivo escano de deputada nas Cortes Xerais, que ocupou entre 2011 e 2016. Nas eleccións primarias nas que foi elixido secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez, Valerio apoiouno e, ao gañar aquel, Valerio, pasou a formar parte da Dirección do Grupo Parlamentario Socialista e asumiu o cargo de secretaria xeral adxunta e voceira adxunta.
O 13 de xaneiro de 2016 reincorporouse como funcionaria ao cargo de secretaria provincial do Ministerio de Fomento de Castela-A Mancha na provincia de Guadalaxara, tarefa que compatibilizou coa súa actividade política no PSOE nas eleccións xerais. de 2016 xunto coas eleccións primarias de 2017 nas que Pedro Sánchez recuperou a Secretaría Xeral do PSOE e coas tarefas de secretaria executiva da Seguridade Social e Pacto de Toledo na Executiva Federal que resultou elixida no 39 Congreso.[1] Desempeñou estas tarefas ata o 40 Congreso Federal que se celebrou en outubro de 2021 en Valencia. Dende esa data ata o 24 de outubro de 2022 formou parte do Comité Federal do PSOE.
Despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy, o 7 de xuño de 2018 foi nomeada ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do goberno de Pedro Sánchez.[2][3] Porén, tivo que abandonar o cargo despois do establecemento do goberno de Pedro Sánchez en coalición con Podemos, cando a carteira de Traballo pasou a Yolanda Díaz.[4]
En 2022, pasou a ser a nova presidenta do Consello do Estado, despois da renuncia de María Teresa Fernández de la Vega.[5][6]
Lista de cargos políticos
[editar | editar a fonte]- Concelleira e voeira do Grupo Municipal Socialista do concello de Guadalaxara (1999-2005 e 2011-2014).
- Delegada Provincial da Junta de Comunidades de Castela-A Mancha en Guadalaxjara (1999-2003 e 2010-2011).
- Conselleira de Traballo e Emprego de Castela-A Mancha (2005-07). Conselleira de Turismo e Artesanía de Castela-A Mancha (2007-08). Conselleira de Xusticia e Administracións Públicas de Castela-A Mancha (2008-10).
- Deputada das Cortes de Castela-A Manchaa (2007-10). Tamén foi Secretaria Xeral da Agrupación Local de Guadalaxara de 2008 a 2015 e Vogal da Executiva Rexional do PSOE de Castela-A Mancha de 2008 ata 2012.
- Deputada nacional na X lexislatura, desde 2011 ata 2016. Voceira adxunta do Grupo Socialista do Congreso desde o 09/09/2014 ata o 12/01/2016 e Voceira adxunta da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo desde o 18/01/2012 ata 09/09/2014. _Deputada, de novo, na XIIªI (2019) e na XIVª (2020-2022).
- Ademais, foi vogal da Deutación Permanente desde o 19/12/2014 ata 13/01/2016. Así como Secretaria Segunda da Mesa da Comisión de Xustiza e vogal da Comisión de Emprego e Seguridade Social e da Comisión de Políticas Integrais de Atención á Discapacidade.
- Membro do Comité Rexional do PSOE en Castela-A Mancha e Secretaria Executiva de Seguridadd Social e Pacto de Toledo da CEF-PSOE.
- Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Goberno de España (2018-2020)
- Presidenta do Consello de Estado (2022-)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Real Orden de Carlos III (2021).[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 2015, foi diagnosticada de cancro e, tras un prolongado tratamento, conseguiu superalo en 2018.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (6 de xuño de 2018). "La sanchista Magdalena Valerio, ministra de Trabajo". guadalajaradiario.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Magdalena Valerio, ministra de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social". revista.seg-social.es (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2023.
- ↑ Redacción (5 de xuño de 2018 [actualizdo o 6 de xuño de 2018]). "Sánchez presenta al primer Gobierno de la historia con más mujeres que hombres". publico.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2023.
- ↑ Olías, Laura; Sánchez, Gabriela (10 de xaneiro de 2020). "Magdalena Valerio, “incondicional” de Pedro Sánchez, no seguirá en el Consejo de Ministros". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023.
- ↑ Brunet, José María (16 de outubro de 2022). "La exministra de Trabajo Magdalena Valerio, nueva presidenta del Consejo de Estado". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023.
- ↑ RTVE/EFE (31 de outubro de 2022). "El Gobierno hace oficial el nombramiento de la exministra Magdalena Valerio como presidenta del Consejo de Estado". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2023.
- ↑ "Real Decreto 1187/2021, de 28 de diciembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III a doña Magdalena Valerio Cordero". boe.es (en castelán). 29 de decembro de 2021. p. 166282. Consultado o 19 de agosto de 2023.
- ↑ Redacción (7 de xuño de 2018). "Magdalena Valerio: de su lucha contra el cáncer a su relación con el ex marido de Concha García Campoy". eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2023. Consultado o 18 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magdalena Valerio |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Torremocha
- Nados en 1959
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Políticos do PSOE
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)