Saltar ao contido

Mago de Oz (personaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mago de Oz (personaxe)

Tipolist of Wicked characters (en) Traducir e personaxe humano de ficción Editar o valor en Wikidata
Papelpersonaxe de título e personaxe secundaria Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiouniverso de Oz Editar o valor en Wikidata
Creador/aL. Frank Baum Editar o valor en Wikidata
Interpretado porJ. Charles Haydon (pt) Traducir, Hobart Bosworth (pt) Traducir, Charles Murray (pt) Traducir, Frank Morgan (pt) Traducir, James Franco, Christopher Gorham, Vincent D'Onofrio, Bill Cosby, Richard Pryor, Queen Latifah, Jeffrey Tambor, Christopher Lloyd e Joel Grey Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmago, conselleiro e inventor Editar o valor en Wikidata
Cargo ocupadogobernante Editar o valor en Wikidata
Familia
Fillo/aElphaba Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Mago de Oz ou Feiticeiro de Oz (Oscar Diggs) é o nome polo que se coñece o personaxe ficticio dos libros da serie sobre a Terra de Oz, do escritor norteamericano L. Frank Baum, que asume o papel de bruxo para dominar e ser recoñecido. Tamén é o protagonista ou personaxe dos distintos filmes sobre Oz.

Literatura

[editar | editar a fonte]

O Mago Oscar Diggs xorde no primeiro libro, O mago de Oz (The Wonderful Wizard of Oz), como morador da Cidade Esmeralda, fundada por el mesmo, na Terra de Oz - un mundo fantástico, habitado por varios pobos e dominado por bruxas malvadas do Leste e do Oeste.

O Mago preséntase coma un vello artista de circo, que fora un mago ilusionista, e que unha tempestade lévao nun globo para Oz. Cando chega, para se protexer das bruxas, finxe ser un poderoso feiticeiro e crea, mediante moitos trucos, o mito de que é verdadeiramente un bruxo.

Procurado pola nena Dorothy Gale, é revelado o seu segredo. Despois de ter esta derrotado as dúas bruxas malvadas, o Mago tenta regresar ao mundo real con ela, construíndo un novo globo - mais este parte sen ela, accidentalmente.

O meigo retorna a Oz, xunto a Dorothy e un burro no cuarto libro da serie - aínda que a Terra de Oz propiamente dita non figure no enredo, xa que ambos, xunto ao neno Zeb, un cabalo e a nova amiguiña de Dorothy, unha gatiña chamada Eureka, enfróntanse a novos perigos e aventuras nun mundo subterráneo.

Neste volume, Baum revela que Oz traballaba nun circo chamado Bailum & Barney, que alén de tres pistas, tiña un zoolóxico itinerante.

James Franco interpreta o mago no último filme sobre Oz

No mítico filme de 1939 o personaxe interpretábao Frank Morgan.

No filme de 2013 Oz: The Great and Powerful, o personaxe de Oz (Oscar Diggs) interprétao James Franco.