Maite Nkoana-Mashabane
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1963 ![]() Limpopo, Suráfrica ![]() |
Minister of Women in the Presidency (en) ![]() | |
30 de maio de 2019 – 6 de marzo de 2023 ← Bathabile Dlamini (en) ![]() | |
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | |
22 de maio de 2019 – 13 de marzo de 2023 Lexislatura: 27th South African Parliament (en) ![]() Electa en: eleccións xerais de Suráfrica de 2019 | |
Minister of Rural Development and Land Reform (en) ![]() | |
26 de febreiro de 2018 – 29 de maio de 2019 | |
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | |
21 de maio de 2014 – 7 de maio de 2019 Lexislatura: 26th South African Parliament (en) ![]() | |
Minister of International Relations and Cooperation (en) ![]() | |
10 de maio de 2009 – 26 de febreiro de 2018 ← Nkosazana Dlamini-Zuma (pt) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Congreso Nacional Africano ![]() |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Norman Mashabane ![]() |
Maite Emily Nkoana-Mashabane, nada en Ga-Makanye, provincia de Limpopo, o 30 de setembro de 1963, é unha política surafricana. Foi Ministra surafricana de Relacións Internacionais e Cooperación desde 2009, relevando a Nkosazana Dlamini-Zuma, Ministra de Desenvolvemento Rural e Reforma da Terra desde 2018 e Ministra da Presidencia para as Mulleres, Mozos e Persoas con Discapacidades desde 2019.
É membro do Comité Executivo Nacional do Congreso Nacional Africano (ANC), partido político surafricano no que milita.[1] Formou parte do Parlamento na Asemblea Nacional e ocupou cargos de diplomacia internacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nkoana-Mashabane naceu en Ga-Makanye, provincia de Limpopo. Durante a época do apartheid foi unha activista da Fronte Democrática Unida (UDF). Despois pasou a ser designada como Alta Comisionada do Sur de África á India e Malaisia.[1] O seu exesposo Norman Mashabane, embaixador de Indonesia, foi acusado de acoso sexual.[2]
Foi membro do Parlamento na Asemblea Nacional entre 1994 e 1995 e posteriormente foi enviada a misións diplomáticas en países como a India, Malaisia e as Maldivas.[3]
Entre as súas referencias políticas, destaca ás mulleres que protagonizaron a Marcha de 1956, encabezada por Lilian Ngoyi, Helen Joseph, Albertina Sisulu e Sophia Williams-De Bruyn.[4]
Nkoana-Mashabane foi nomeada Ministra de Relacións Internacionais e Cooperación de Suráfrica o 11 de maio de 2009 polo presidente Jacob Zuma.[1] Foi Presidenta da Conferencia das Nacións Unidas de 2011 sobre Cambio Climático, celebrada na localidade surafricana de Durban do 28 de novembro ao 11 de decembro.[5]
Ocupou as carteiras de Ministra de Relacións Internacionais e Cooperación desde o 26 de maio de 2014 até o 26 de febreiro de 2018 e de Ministra de Desenvolvemento Rural e Reforma Agraria o 27 de febreiro de 2018.
O 30 de maio de 2019 fíxose cargo do Ministerio da Presidencia para as Mulleres, Mozos e Persoas con Discapacidades.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Department of International Relations and Cooperation, ed. (2014). "Minister of international relations and cooperation of the Republic of South Africa. Profile: Ms Maite Nkoana-Mashabane" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Maite Nkoana-Mashabane" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ Nkoana-Mashabane, Maite. "Maite Nkoana-Mashabane | We should learn from the example of the women marchers of 1956" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ Black, Richard (11 de decembro de 2011). BBC News, ed. "UN climate talks end with late deal" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015.
- ↑ "Maite Nkoana-Mashabane, Ms | South African Government". Consultado o 10 de agosto de 2020.