Maliglutit
Maliglutit | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ᒪᓕᒡᓗᑎᑦ |
Director | Zacharias Kunuk Natar Ungalaaq |
Produtor | Jonathan Frantz Zacharias Kunuk Cara Di Staulo |
Intérpretes | Benjamin Kunuk Jocelyne Immaroitok Karen Ivalu Lucy Tulugarjuk |
Música | Chris Crilly Tanya Tagaq |
Fotografía | Jonathan Frantz |
Estudio | Kinguliit Productions |
Estrea | Festival de Toronto: setembro de 2016 |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1,2 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Maliglutit (en inuktitut: ᒪᓕᒡᓗᑎᑦ) é un filme canadense de 2016 en lingua inuktitut dirixido por Zacharias Kunuk e Natar Ungalaaq, o cal foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Baséase no filme de 1956 The Searchers, dirixido por John Ford. Está ambientado nos Norte do Canadá no ano 1913. Conta a historia de Kuanana (Benjamin Kunuk), un home que regresa de cazar e descobre que a maior parte da súa familia foi asasinada e que a súa muller e filla foron secuestradas.[1]
O filme foi rodado en Nunavut cun elenco completamente inuit, e con colaboracións dunha tribo local. A produción do filme foi problemática por mor do frío extremo. Recibiu valoracións positivas no Canadá, e foi nomeado a dous Premios Canadian Screen, incluíndo a categoría ó mellor filme.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Benjamin Kunuk como Kuanana
- Karen Ivalu como Tagaq
- Jonah Qunaq como Aulla
- Joey Sarpinak como Kupak
- Jocelyne Immaroitok como Ailla
- Joseph Uttak como Siku
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CBC North, ed. (2 de agosto de 2016). "Zacharias Kunuk set to unveil Maliglutit, or Searchers, in Toronto this fall". Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maliglutit na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)