Mammillaria spinosissima
Mammillaria spinosissima | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
M. spinosissima var. 'rubrispina' | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Mammillaria spinosissima' (Kuntze) Lem.[1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Mammillaria auricoma |
Mammillaria spinosissima é unha especie de cacto pertencente á familia Cactaceae, endémico de Guerrero e Morelos, en México. O seu hábitat natural son os áridos desertos. Estendeuse polo mundo como planta ornamental.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mammillaria spinosissima medra de xeito cilíndrico. O talo é de cor azul-averdada de até 30 centímetros de longo e de 6 a 7 centímetros de diámetro. Está arrodeado de espiños. As axilas son un chisco lanosas e en pico. As costelas son afiadas até frouxamente cónicas de 4 a 5 milímetros de longo. As areolas son curtas, arredondadas, máis adiante núas. Os 10 a 30 espiños radiais son de 2 a 18 milímetros de longo. Os 2 a 17 espiños centrais son un pouco máis fortes e de 1 a 2 centímetros de longo, de cores moi diferentes; que poden ir da abrancazada, amarela, rubí, vermella, até a marrón escura. As flores que aparecen en grilanda son de 2 centímetros de longo. Os pétalos externos son de cor rosa amarronada cun bordo vermello. Os froitos son de cor parda avermellada ou averdados. As sementes son de cor parda.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Mammillaria spinosissima foi descrita por Charles Lemaire e publicado en Cactearum aliquot novarum 1: 4. 1838.[2][3]
Mammillaria: nome xenérico que foi descrito por vez primeira por Carl von Linné coma Cactus mammillaris en 1753, nome derivado do latín mammilla = tubérculo, en alusión aos tubérculos que son unha das características do xénero.
spinosissima: epíteto latíno que significa "a máis espiñenta".
- Variedades aceptadas
- Mammillaria spinosissima subsp. pilcayensis (Bravo) D.R. Hunt
- Mammillaria spinosissima subsp. tepoxtlana D.R. Hunt
- Mammillaria auricoma
- Mammillaria pitcayensis
- Mammillaria pilcayensis
- Mammillaria centraliplumosa
- Mammillaria virginis
- Mammillaria crassior
- Mammillaria gasterantha
- Mammillaria haasii
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Integrated Taxonomic Information System (a).
- ↑ "Mammillaria spinosissima". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "Mammillaria spinosissima". www.theplantlist.org. Consultado o 2022-04-04.