Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa"
A manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" (en galego: Cataluña, novo estado de Europa) tivo lugar no centro da cidade de Barcelona durante a Diada de Cataluña de 2012. Foi organizada pola Asemblea Nacional Catalá; e a súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».[1]
O número de participantes foi estimado en 1,5 millóns de persoas segundo a Garda Urbana e o Departamento de Interior, e 2 millóns segundo os organizadores, malia que a delegación do Goberno estimou a cifra en 600.000.[2] O centro da cidade estivo ateigado durante horas, e temeuse que a grande afluencia de persoas puidese colapsar a rede de telefonía móbil.[3][4] Moitos xornais e outras axencias de noticias describírona como unha "histórica" demostración, e considerárona como a meirande manifestación que se celebrou en Cataluña dende a restauración da democracia en España,[5][6][7][8] superando outras grandes manifestacións como a do 10 de xullo de 2010, na que participaron un millón de persoas.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ARA Barcelona (28 de agosto de 2012). "Carme Forcadell, presidenta da ANC: "El 12 de setembre, el Govern haurà de començar a treballar per la independència de Catalunya"" (en catalán). www.ara.cat.
- ↑ El País, ed. (11 de setembro de 2012). "O independentismo catalán logra unha histórica exhibición de forza".
- ↑ RTVE.es, ed. (11 de setembro de 2012). "A marcha independentista colapsa o centro de Barcelona na celebración da Diada".
- ↑ El Periódico de Catalunya, ed. (7 de setembro de 2012). "A Generalitat pide un uso racional dos dispositivos móbiles na manifestación da Diada". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.
- ↑ Semana.com, ed. (11 de setembro de 2012). "Os cataláns realizan unha manifestación histórica para reclamar a súa independencia". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.
- ↑ La Vanguardia.com, ed. (12 de setembro de 2012). "A prensa internacional recoñece a histórica manifestación da Diada".
- ↑ HOY.es, ed. (12 de setembro de 2012). "Unha manifestación histórica esixe a independencia de Cataluña".
- ↑ Ine.es, ed. (12 de setembro de 2012). "Cataluña acolle hoxe unha manifestación independentista histórica".
- ↑ elPeriódico.com, ed. (12 de setembro de 2012). "Goleada independentista, a maior manifestación en Barcelona".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" |
- Assemblea Nacional Catalana Arquivado 10 de setembro de 2012 en Wayback Machine.
- Espot Els homes no poden ser si no són lliures de l'ANC
- Time-lapse dunha sección da manifestación