Manoel Bonabal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1961 (63 anos) Santiago de Compostela, España |
Residencia | A Graña |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Centro Internacional da Estampa Contemporánea |
Actividade | |
Ocupación | pintor, gravador |
Manoel Bonabal, nado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1961, é un pintor e gravador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do escultor Manuel Barreiro Moratalla[1], estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Compostela e no Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos. Entre 2007 e 2009 impartiu obradoiros de Mail Art organizado pola Fundación Granell e Roteiro de Creación, así como as exposicións realizadas na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. É compoñente do grupo de gravado Ravar e dedícase profesionalmente á pintura. Ten o seu obradoiro na Graña (Carreira, Ribeira)[2].
Exposicións individuais
[editar | editar a fonte]- "Pingas". Galería J. Lorenzo, Santiago de Compostela (xuño 2006)
- "Lume". H. Auriense, Ourense (setembro 2006)
- "En firme". Expolemos, Monforte de Lemos (maio 2007)
- "De teatro". Casa da Cultura, Sada (xuño 2007)
- E. das Artes, Porto (setembro 2007)
- "Xogo". Galería Sargadelos, Monforte de Lemos (novembro 2007)
- "Xentes". Galería Sargadelos, Madrid (marzo 2008)
- "Uxía". Exposalnés, Cambados (setembro 2008)
- "Anacos-Iria". Colexio de Arquitectos, Santiago de Compostela (xullo 2009)
- "Pingas II". Galería Colección, A Coruña (agosto 2009)
- Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada (setembro 2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O artista compostelán Manoel Bonabal Barreiro expón a súa obra pictórica no Centro Comarcal A Mariña Central". Crónica 3 A Mariña. 24 de abril de 2010.
- ↑ "Blog persoal". Manoel Bonabal.