Manolo Peña
Nome orixinal | Manuel Peña Escontrela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 18 de decembro de 1965 Sarria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de novembro de 2012 (46 anos) Ponferrada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,80 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1983 - 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Peña Escontrela, coñecido como Manolo Peña, nado en Sarria o 18 de decembro de 1965 e finado en Ponferrada o 13 de novembro de 2012, foi un futbolista galego que xogaba como dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Sarria, pasou a súa infancia en Toural dos Vaos, no Bierzo, e máis tarde en Ponferrada.[1] Despois de xogar coa Ponferradina en Terceira División, e sendo aínda xuvenil foi incorporado ao Real Valladolid. Debutou co primeiro equipo deste aos 17 anos, nun encontro da Copa do Rei contra a propia Ponferradina no estadio Fuentesnuevas o 7 de setembro de 1983. Tres días despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, fronte ao Valencia en Mestalla (3-2). Militou no Valladolid durante sete tempadas, gañando a Copa da Liga en 1984 e sendo a súa mellor cifra anotadora en liga a da tempada 1987/88, na que marcou oito goles, incluído un triplete contra o Barcelona no Camp Nou, que supuxo a primeira vitoria do Valladolid no estadio barcelonés (2-4).[2]
Na seguinte tempada marcou un histórico gol na prórroga do partido de volta das semifinais da Copa do Rei contra o Deportivo da Coruña no José Zorrilla, dándolle ao seu club a vitoria e o pase á segunda final de Copa da súa historia.[3] Foi titular na final disputada no estadio Vicente Calderón contra o Real Madrid, que se decidiu a favor do equipo branco grazas a un solitario gol de Rafa Gordillo.[4]
Na tempada 1989/90 debutou en competición europea, disputando os cuartos de final da Recopa de Europa fronte ao Monaco de Arsène Wenger, caendo eliminado na quenda de penaltis.[2] Non foi nunca expulsado na súa carreira, e non viu sequera un cartón amarelo durante os seus primeiros 165 partidos co Valladolid, ata que recibiu un en 1990.[2]
No verán de 1990 foi traspasado ao Zaragoza por 50 millóns de pesetas.[2] No equipo aragonés militou durante tres tempadas, pero unha lesión nun xeonllo cortou a súa progresión.[1] Con Víctor Fernández como adestrador, clasificouse para a Copa da UEFA , competición na que disputou tres partidos.
En 1993 deixou Zaragoza e fichou polo Cádiz, de Segunda División, e nos seguintes anos militou no Talavera e de novo na Ponferradina, antes de colgar as botas no ano 2000.[2] Instalado en Ponferrada foi elixido concelleiro de Deportes, cargo que ocupou antes de traballar no ámbito financeiro. Faleceu na capital berciana o 13 de novembro de 2012 por mor dun cancro, aos 46 anos de idade.[5][6]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas diferentes categorías inferiores da selección española. En 1985 disputou a Copa do Mundo sub-20 na Unión Soviética, proclamándose subcampión tras perder a final contra o Brasil.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Valladolid
- Copa da Liga (1): 1984.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Moreno, José Anselmo (26 de marzo de 2020). "Eterno e inolvidable, Manolo Peña" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Prado, Alejandro (16 de novembro de 2012). "Manolo Peña, delantero que dejó helado al Camp Nou". El País (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2022.
- ↑ "Semifinal copera de hace 20 años marcó para siempre el nexo Valladolid-Depor". Público (en castelán). 10 de decembro de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2022.
- ↑ "Se cumplen 32 años de la 16ª Copa de España de fútbol" (en castelán). 30 de xuño de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2022.
- ↑ "Fallece Manolo Peña, ex jugador de Valladolid y Ponferradina". Marca (en castelán). 13 de novembro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 Moreno, José Anselmo (13 de novembro de 2012). "Manolo Peña, muere el artífice del primer "pucelazo" en el Camp Nou". El Diario Montañés (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1965
- Finados en 2012
- Nados en Sarria
- Futbolistas de Sarria
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Talavera CF
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-19
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21