Saltar ao contido

Manrique Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManrique Fernández

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Sistallo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, letrista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1605086 BUSC: fernandez-vazquez-manrique-1965


Manrique Fernández Vázquez, nado en Sistallo (Cospeito) o 4 de xuño de 1965, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu toda a súa carreira profesional en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais.

Foi director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Colaborou co compositor Rogelio Groba Groba na redacción da súa biografía oficial, un libro de conversas, e na publicación de varios catálogos da súa obra. Tamén foi letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga, o noso Rei e unha adaptación do conto de Charles Perrault O gato con botas), así como do réquiem Samaín. Réquiem galego, a cantata Corpus en Ponteareas, e varias cancións.[1]

Como animador cultural, colabora co Concello de Ponteareas na organización de numerosas actividades, como os Xogos Florais, a colección de libros Creadores ponteareáns ou o ciclo Venres D_letras, do que é coordinador dende o seu nacemento. Mantén o blog de recensións literarias O meu andel[2].

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Poesía/Teatro

[editar | editar a fonte]
  • Floralba (1999). Egasur. Inclúe o libreto da ópera do mesmo nome e o poema que a inspirou.
  • Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas (2002). Asociación de Comerciantes de Ponteareas. Ed. non venal. Inclúe varias lendas da zona relatadas en verso. 88 páxs.
  • Hermes, aprendiz de mago (2017). Vigo: Galaxia. Teatro infantil. 112 páxs. ISBN 9788491510994.

Biografía/divulgación

[editar | editar a fonte]
  • Presentando O negociador de Miguel Sande, Pontevedra, 19 de outubro de 2022, Libraría Cronopios
    Meditacións en branco e negro (2000). Vigo: Xerais. Biografía de Rogelio Groba.
  • Diabolus in musica (2011). Vigo: Galaxia. Conversas con Rogelio Groba.
  • Rogelio Lorenzo, paleta de nove cores (2021). Concello de Ponteareas. Biografía de Rogelio Lorenzo.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López. (Concello de Paradela, 2013)[5].

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello de Paradela, 2013), polo relato "Mar Maior".
  1. "Editorial Galaxia Manrique Fernández". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-10-19. 
  2. "O meu andel". 
  3. Nicolás, Ramón (2015-10-16). "Tres feridas, de Manrique Fernández". Caderno da crítica. Consultado o 2022-10-19. 
  4. Xmeyre, ~ (2019-10-09). "crítica de OS ANXOS INDECISOS (Manrique Fernández, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-19. 
  5. "XVIII edición certame Manuel Oreste Rodríguez López" (PDF). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]