Cobertor
Un cobertor[1] é unha peza téxtil de la, cotón etc., en forma de cadrado ou de rectángulo, que se usa fundamentalmente para abrigarse na cama. Tamén pode denominarse manta[2].
Os cobertores úsanse para se protexer do frío, e en especial para se acochar ou arroupar mentres se dorme. Diferéncianse dos edredóns, sobrecamas, sabas e doutros cobertores polo seu grosor. Polo xeral fabrícanse con forma alargada e rectangular.
O seu uso específico ao longo da historia no comercio e a guerra asociouna como peza complementaria no oficio dos arrieiros e carrexadores de auga e na impedimenta das cabalarías.
Tipos e texturas
[editar | editar a fonte]Moitos dos materiais para fabricar cobertores, como a la, empréganse porque son grosos e polo tanto máis axeitados para a súa feitura, porén tamén se usa o cotón no caso de cobertores máis lenes. Os de la son máis quentes. Os máis comúns son acrílicos, de poliéster, de visón, de cotón e de la. Mais tamén os hai de materiais exóticos coma o gancho afgán ou cubertos de seda. En Galicia os cobertores facíanse a man no tear da casa, especialmente de la. Eran comúns os de cor beixe natural da la, con algunhas liñas ou fitas tinxidas de cores con tinturas naturais.
- de la de ovella, o tipo máis tradicional e cálido;
- de cotón en rama tecida cun baño de goma para manter a súa consistencia;
- de mesturas sintéticas, fabricada con derivados do nailon e outros tecidos sintéticos;
- de parede, ou tapiz;
- manta eléctrica, feita con dúas camadas de tecido envolvendo unha resistencia eléctrica, e un cabo de toma de corrente, polo xeral provisto dun regulador de temperatura.
- manta de retallos, confeccionada a partir de retallos cosidos de cores, debuxos e formas diferentes.
Usos
[editar | editar a fonte]Os cobertores teñen sido empregados no exército para durmir, sendo os maiores consumidores de mantas de la de todos os tempos. As mantas militares adoitan ser de cor cinsenta, de la, e bastante grosas. Fornecedores como J. E. Ashworth & Sons e Faribault Woolen Mills fixeron a metade de todos os cobertores empregados nos EUA de todos os tempos.
Cobertores e mantas máis pequenos pódense empregar fóra do leito, por exemplo para se cubrir en sofás e cadeiras de brazos, ou coma obxectos de decoración.
Un dos usos máis populares dos cobertores é o seu uso no chan en xantares campestres (pícnics). O seu uso foi moi popular nas romarías galegas, onde a xente procura lugares con herba e cómodos para emprazar as mantas no chan. Téñense de feito deseñado mantas especialmente para este uso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Portal das Palabras
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cobertor |