Manuae, Illas da Sociedade
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
Arquipélago | Illas de Sotavento | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
O atol de Manua'e (tamén coñecido como Fenua'Ura e Putai en tahitiano e Scilly en inglés) atópase a uns 60 km ao noroeste de Maupihaa e a 255 km ao oeste de Maupiti. É a máis occidental das Illas da Sociedade nas Illas de Sotavento, a 350 km ao oeste de Bora Bora e a 550 km ao oeste de Pape'ete.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Manua'e consiste nun anel de illas duns 10-11 km de diámetro, separadas por pasaxes non navegables e só uns poucos metros por riba do nivel do mar. Os motus están cubertos principalmente con palma de coco e mato tropical con praias de area, e comprenden unha superficie total de aproximadamente 3,5 km².
Administración
[editar | editar a fonte]O atol forma parte da comuna (municipio) de Maupiti na subdivisión administrativa de Illas de Sotavento.
Reserva natural
[editar | editar a fonte]A lagoa do atol, reserva natural desde 1992, é fogar de numerosas especies raras. As praias son populares entre os quelonioideos, incluída a tartaruga mariña verde (en perigo de extinción), que vai anualmente tombarse nas praias de Manua'e a comezos de novembro. O atol é tamén fogar de grandes bancos de ostras, con ata 4 millóns de exemplares.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro europeo que visitou Manua'e foi o navegante británico Samuel Wallis en 1767. Estableceuse alí unha pequena aldea, os restos da cal aínda se poden atopar na parte norte da illa principal. O atol foi o sitio do naufraxio en 1855 do tres mastros Julia Ann. A súa tripulación e pasaxeiros, incluíndo 24 mulleres e nenos, viviron no atol durante dous meses. Nese tempo lograron construír un barco co que navegaron ata Ra'iātea. Non hai evidencia de que as illas fosen habitadas permanentemente antes do naufraxio do Julia Ann, cuxos pasaxeiros eran principalmente mormóns quen viaxaban de Australia aos Estados Unidos. A partir de 1952 as illas foron visitadas regularmente polos comerciantes de copra. Durante a década de 1960 eses visitantes ocasionais comezaron a capturar un gran número de tartarugas de mar ata que as súas actividades foron restrinxidas legalmente en 1971. Hoxe en día o atol é visitada regularmente polos pescadores de Ra'iātea.
As illas non teñen conexións regulares de buques ou aeroliñas con outros lugares da Polinesia francesa. Son propiedade da "Compagnie Française de Tahití", que cultivou 57.000 cocoteiras alí na década de 1920. A plantación, agora abandonada, chegou a producir ata 70 toneladas de copra anuais.
O 25 de xuño de 2005 a familia Silverwood de California, chocou contra o arrecife nun catamarán de 17 metros, o Emerald Jane. Grazas a unha radiobaliza de emerxencia fixo unha chamada de socorro. Foron atopados por un avión da mariña de guerra francesa, recollidos pola familia residente Taputo e trasladados nun helicóptero o 26 de xuño. John Silverwood, o capitán do Emerald Jane, perdeu unha perna, e describiu a experiencia no libro "Black Wave".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clasificación dos atois da Polinesia Francesa por Salvat (1985)
- Manua'eat partenaire-info.netArquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (consultado Oct. 22, 2006)
- Lesser known Society Islandsat colonialvoyage.comArquivado 01 de novembro de 2006 en Wayback Machine.