Manuel Bergés
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Pedro Manuel Bergés Naval 6 de xuño de 1906 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 1978 (71/72 anos) Cuba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Cuba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1938 | Mundial de Fútbol Francia 1938 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pedro Manuel Bergés Naval, nado en Vigo o 6 de xuño de 1906 e finado en 1978, foi un futbolista galego. Internacional coa selección de Cuba, disputou con esta o Mundial de 1938 en Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Vigo emigrou a Cuba, onde desenvolveu a súa carreira futbolística.[1] Xogou varias tempadas no Real Iberia da Habana, compartindo equipo con numerosos futbolistas galegos como Maneiro, Begoña, Pepe Torres ou os irmáns Edelmiro e Gonzalo Lorenzo.[2] Alí conquistou a liga cubana en 1926, 1928 e 1929. En 1932 fichou polo Juventud Asturiana,[3] co que gañou un novo título en 1933.
En 1934 volveu ao Iberia, gañando ese mesmo ano un novo campionato.[4] Xogou no club "ibérico" ata 1940.[5]
Selección cubana
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de Cuba e participou con esta no Mundial de 1938 en Francia, a primeira e única participación cubana nunha Copa do Mundo. O equipo, adestrado polo galego José Tapia e capitaneado polo tamén galego Manuel Chorens, enfrontouse a Romanía nos oitavos de final, empatando 2-2 e xogando logo un partido de desempate no que os cubanos conseguiron eliminar ao equipo europeo (2-1). En cuartos de final caeron fronte a Suecia por unha goleada de 8-0.[6] Bergés xogou os tres partidos de Cuba naquel Mundial.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Real Iberia
- Campionato Nacional de Cuba (4): 1926, 1928, 1929 e 1934.
Juventud Asturiana
- Campionato Nacional de Cuba (1): 1933.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Cele Basanta, de Viveiro, ganó la liga de Cuba en 1955 con el Casino Español C.F.". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o Cele Basanta, de Viveiro, ganó la liga de Cuba en 1955 con el Casino Español C.F..
- ↑ "Otras noticias". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1928. p. 5.
- ↑ "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 8 de setembro de 1932. p. 14. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 26 de xullo de 1934. p. 13. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Están de leaders los gallegos, pero con un juego más celebrado". Diario de la Marina (en castelán). 16 de abril de 1940. p. 15. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Cuba fue la revelación de Francia 1938" (en castelán). 23 de marzo de 2018. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Cuba no Mundial de 1938". fifa.com (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en National-Football-Teams.com (en inglés)