Manuel Bermúdez Arias
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1936 ![]() Ferrol, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 11 de decembro de 2016 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1954 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Manuel Bermúdez Arias, coñecido como Polo ou Polo III, nado en Ferrol o 24 de agosto de 1936 e finado na Coruña o 11 de decembro de 2016, foi un futbolista galego, que xogaba de extremo dereito. Tras destacar no Arsenal de Ferrol, foi fichado aos 18 anos polo Deportivo da Coruña, co que xogou durante catro anos, disputando 121 partidos e marcando 21 goles. A continuación foi traspasado ao Atlético de Madrid, co que gañou unha liga, tres Copas do Xeneralísimo e unha Recopa de Europa en sete anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Galicia de Caranza e no Eumesa, e neste último coincidiu na mesma dianteira cos seus irmáns maiores José (alcumado Polo) e Fausto (alcumado Polo II), motivo polo que recibiu el mesmo o alcume de Polo III.[1] Despois de dúas campañas en Pontedeume, fichou polo Arsenal de Ferrol, co que debutou con 17 anos na Terceira División.[2] A pesar de que a súa posición natural era a de extremo dereito, destacou na banda esquerda do equipo ferrolán na tempada 1954/55, ás ordes do histórico Fernando Fariña. Liderou o ataque xunto a Malpica e Alcalde, marcando 10 goles en 15 partidos, o que contribuíu a que o Arsenal se proclamase campión do Grupo I por diante do Pontevedra.[1]
A súas boas actuación chamaron a atención do Deportivo da Coruña, que contratou os seus servizos o 22 de abril de 1955.[2] Con todo, permaneceu aínda cedido uns días no Arsenal, que se atopaba inmerso na promoción de ascenso a Segunda.[2]
Xa na Coruña, debutou co Deportivo o 27 de abril, no partido de desempate dos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo ante o Alavés en Riazor. Aliñado por Toba na dianteira titular xunto a Bazán, Pahiño, Lechuga e Tino, foi o autor do segundo e derradeiro gol do seu equipo, que se impuxo por 2-0.[3] O seu debut na Primeira División produciuse na seguinte campaña, xa con Rodrigo como adestrador, nunha derrota por 4-1 ante o FC Barcelona en Les Corts. Pechou a súa primeira campaña completa no Deportivo, cun total de 24 partidos e 4 goles.
Consolidado na titularidade durante os seguintes anos, compartiu dianteira con Arsenio e viviu un descenso a Segunda na tempada 1956/57. Na súa estrea na categoría de prata, participou en 33 partidos e anotou 5 goles, mais o equipo tivo que xogar a promoción de permanencia contra o CD Ourense logo de acabar no 13.º posto da clasificación. Os coruñeses lograron a permanencia logo dun 4–1 no global (0–2 na ida; 2–1 na volta).
Na tempada 1958/59 participou en 31 partidos e anotou 5 goles, compartindo dianteira con José Vigo, Veloso, Eduardo Manchón e Rafael Souto. Ese ano o club coruñés logrou o 7.º posto da clasificación, estando adestrado inicialmente por Eduardo Toba, logo Ernesto Pons e finalmente Hilario Marrero. O balance final dos seus catro anos no Deportivo foi de 121 partidos ofiicais e 21 goles.
Na tempada 1959/60 foi traspasado ao Atlético de Madrid por 600.000 pesetas, sendo naquel momento a venta máis cara na historia do club galego.[4] No club madrileño xogou durante os seguintes sete anos, disputando un total de 56 partidos, nos que anotou 12 goles. Aínda que contou con pouco protagonismo no equipo, conquistou co Atlético tres Copas do Xeneralísimo, unha Recopa de Europa e unha liga.
Trala súa retirada instalouse na Coruña, onde rexentou durante anos o Restaurante Polo. Faleceu o 11 de decembro de 2016.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilia Álvarez Botana, alcumada Chucha, irmá do tamén futbolista e compañeiro seu no Deportivo Carlos Álvarez Botana. Con ela tivo tres fillos: Carlos, Manuel e María.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Arsenal
- Terceira División (1): 1965/66.
- Atlético de Madrid
- Primeira División (1): 1965/66.
- Copa do Xeneralísimo (1): 1959/60, 1960/61, 1964/65.
- Recopa de Europa (1): 1961/62.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 G. de Paredes, Javier (9 de xaneiro de 1955). "Otro modesto ferrolano que triunfa". El Ideal Gallego (en castelán) (11767). p. 5. Consultado o 27 de xaneiro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Manuel Bermúdez, nuevo extremo deportivista". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 1955. p. 5.
- ↑ "El Deportivo y el Valencia triunfaron en los partidos de desempate". La Noche (en castelán) (10648). 28 de abril de 1955. p. 6. Consultado o 27 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Fallece Polo, exjugador del Deportivo y el Atlético". As (en castelán). 12 de decembro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Falece Polo, extremo dereito do Dépor entre 1955 e 1959". Deportivo da Coruña. 12 de decembro de 2016.
- ↑ "Emilia Álvarez Botana". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2012. p. 49.