Manuel Blanco Tobío
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1919 ![]() Lérez, España ![]() |
Morte | 3 de xuño de 1995 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS ![]() |
Familia | |
Pai | Segismundo Blanco Cuesta ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Manuel Blanco Tobío, nado en Lérez (Pontevedra) o 29 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1995,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Segismundo Blanco Cuesta. Iniciouse como xornalista no semanario El Español e nas publicacións Fantasía e La Estafeta Literaria. Colaborou en Radio Nacional de España e na cadea da Prensa do Movemento. En 1946 incorporouse a Pueblo como comentarista de política internacional, do que foi enviado especial por Europa, América e Oriente Medio (1953-1956). En 1953 recibiu o Premio Nacional de Periodismo. De 1957 a 1966 foi correspondente de Pueblo en Nova York e na ONU. En 1966 foi nomeado director do periódico Arriba, até abril de 1970. Ao ano seguinte asumiu a dirección da Escola Oficial de Periodismo. Despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Información. Foi Director de Cultura Popular, e en 1973 foi designado director Xeral de Prensa, cesando en 1974. Foi comentarista de Política Internacional do xornal ABC.
Obras
[editar | editar a fonte]- El Kominform, quinta columna del comunismo (con el texto íntegro de la declaración de Varsovia) (1948)
- USA, patalogía de la prosperidad (1963)
- Los americanos (1964)
- El guapo americano y el feo ruso (1964)
- La América invisible (1966)
- Vísperas del juicio final (1966)
- Cinco zorros plateados (1979)
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Periodismo José Antonio (1952)
- Mariano de Cavia
- Aznar de Periodismo (1979)
- González Ruano de Periodismo
- Premio Javier Bueno (1988)
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz do Mérito Civil
- Cruz de Isabel a Católica
- Cruz ao Mérito Militar
- Cruz ao Mérito Naval
- Cruz ao Mérito Aeronáutico
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EFE (5 de xuño de 1995). "Manuel Blanco Tobío, periodista y escritor". El País (en castelán).