Manuel Brañas Abad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Aranga, España |
Morte | 2 de maio de 2011 (60/61 anos) |
Alcalde de Aranga | |
2002 – 2011 – Alberto Platas Álvarez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Brañas Abad, nado en Aranga en 1950 e finado o 2 de maio de 2011, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego de profesión e concelleiro polo Partido Popular de Galicia en Aranga, en xuño de 2002 accedeu á cadeira municipal tralo falecemento do anterior alcalde, José Mosquera Maceiras o 26 de maio. Nas municipais de 2003 encabezou de lista do PPdeG, e acadou a vitoria (57%), aínda que perdeu tres concelleiros fronte ao seu predecesor. Nas municipais de 2007 conseguiu revalidar a maioría absoluta co 48% dos votos, se ben cedeu un concelleiro.
En 2008 a fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricación[1], ao recualificárense 320.000 metros cadrados no lugar de Montesalgueiro para que o empresario José Collazo promovese un polígono industrial. O acordo entre o concello e o empresario provocou fortes protestas veciñais [2].
Faleceu pouco antes da celebración das municipais de 2011 nas que volvía ser candidato, sendo substituído polo tenente de alcalde Alberto Platas[3].
Predecesor: José Mosquera Maceiras |
Alcalde de Aranga 2002 - 2011 |
Sucesor: Alberto Platas |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El fiscal investiga la negociación que el alcalde mantuvo con Collazo Mato, La Opinión de A Coruña, 12/3/2008.
- ↑ Apupos e insultos ao alcalde de Aranga polo seu plan urbanístico, De Luns a Venres, 29/2/2008.
- ↑ Fallece a los 60 años el alcalde y candidato popular de Aranga