Saltar ao contido

Manuel Carrasco i Formiguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Carrasco i Formiguera

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel Carrasco Formiguera Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1890 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1938 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Gerona (en) Traducir
Conseller de Sanitat i Beneficència (en) Traducir
28 de abril de 1931 – 29 de decembro de 1931
← sen valor – Josep Jové i Surroca (en) Traducir →
Concelleiro de Barcelona
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito mercantil Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, Catholic propagandist (en) Traducir, avogado, catedrático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnió Democràtica de Catalunya (1932–1938)
Catalan Republican Action (en) Traducir (1931–1932) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePilar Azemar i Puig de la Bellacasa Editar o valor en Wikidata
FillosRaimon Carrasco, Rosa Maria Carrasco Azemar Editar o valor en Wikidata

BNE: XX836955 WikiTree: Carrasco_i_Formiguera-1

Manuel Carrasco i Formiguera, nado en Barcelona o 3 de abril de 1890 e finado en Burgos o 9 de abril de 1938, foi un político e avogado catalán, líder democristián e nacionalista catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Barcelona, onde se doutorou e especializou en dereito mercantil. Interesado na docencia, posteriormente foi profesor na Escola de Altos Estudos Comerciais, centro dependente da Mancomunidade de Cataluña.

Acción política

[editar | editar a fonte]

Foi militante da Joventut Nacionalista da Lliga Regionalista e no ano 1920 entrou como concelleiro na corporación barcelonesa. Participou na función de Acció Catalana (1922) e nese ano creou L'Estevet, semanario nacionalista onde se publicaron unhas caricaturas críticas coa ditadura de Primo de Rivera que o levaron á prisión.

No ano 1930 participou no Pacto de San Sebastián representando Acció Catalana, e no ano 1931 ao se proclamar a República foi nomeado Conseller de Sanitat i Beneficència do goberno de Cataluña (1931-1932) baixo a presidencia de Francesc Macià. Meses despois foi elixido deputado nas Cortes españolas nas eleccións xerais pola circunscrición de Xirona, cesando en outubro de 1933, alí destacou pola súa defensa da integridade do Estatut de Núria e a liberdade relixiosa. O ano 1932 resultou expulsado de Acció Catalana xunto con outros destacados membros do sector católico e ingresou na Unió Democràtica de Catalunya, creada pouco antes.

Condena a morte

[editar | editar a fonte]

Iniciada a Guerra civil (1936) Carrasco i Formiguera mantívose leal á República sen perder a súa ideoloxía democristiá, feito que lle vale ser perseguido por sectores anarquistas e comunistas do bando republicano, esta situación fórzao a trasladarse a Euskadi, onde colabora co goberno do lehendakari Aguirre.

Coa conquista franquista de Guipúscoa no mes febreiro de 1937, Carrasco i Formiguera decidiu tornar a Cataluña para recoller á súa familia e en marzo atravesou Francia coa súa familia, embarcando en Baiona cara a Bilbao, mais a mariña franquista interceptou o seu navío, o Galdames, e foi encarcerado. Trasladado a Burgos foi condenado a morte nun xuízo sumarísimo realizado o 8 de agosto de 1937.

A execución da sentenza non se produciu ata o 9 de abril de 1938 tras xestións do Vaticano para impedila. Segundo diversos autores[1], a execución ordenouna persoalmente Franco, en reacción á protesta de diversos gobernos estranxeiros, entre os cales se inclúe o Vaticano contra os bombardeos pola aviación franquista de obxectivos civís.

A súa viúva, Pilar Azemar i Puig de la Bellacasa, tamén militante da UDC, mantivo vivo o facho dos ideais do seu marido e promoveu desde 1976 a rehabilitación da súa figura. O 25 de setembro de 2005 o Congreso dos Deputados a proposta de CIU anulou o Consello de Guerra que o condenara a morte[2].

  1. Josep M. Solé i Sabaté i Joan Villarroya, capítulo Maig de 1937 - Abril de 1939 a Víctimes de la Guerra Civil, ISBN 84-860-333-4, px. 229, onde se cita a Hilari Raguer
  2. "El Congreso acuerda anular el consejo guerra a Carrasco i Formiguera"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]