Manuel Casariego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 21 de maio de 1952 Ortigueira, España |
Alcalde de Ortigueira | |
1918 – 1918 ← Adolfo Teijeiro Botana – Federico Maciñeira → | |
Alcalde de Ortigueira | |
1914 – 1915 ← Manuel Sandomingo – Federico Maciñeira → | |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro, político |
Membro de |
Manuel Casariego Bares-Rey, finado en Ortigueira o 21 de maio de 1952[1], foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era socio de Manuel Sandomingo Crego na casa de banca Sandomingo Hermano y Casariego establecida en Ortigueira, que despois foi sucursal do Banco Pastor. Escribiu no xornal coruñés La Mañana, e fundou El Eco Ortegano, La Opinión de Ortigueira e La Opinión, con textos de cuesións económicas e sociais. Tamén escribiu na revista madrileña Nueva Economía Nacional.
Foi alcalde de Ortigueira de 1914 a 1915. Foi elixido deputado provincial como liberal-prietista polo distrito de Ferrol-Ortigueira en outubro de 1915, para substituír o falecido Manuel Sandomingo, permanecendo no posto até novembro de 1917, cando dimitiu logo de ser elixido concelleiro. Volveu ser nomeado alcalde de Ortigueira en xaneiro de 1918, dimitindo en maio dese ano. Volveu ser deputado provincial entre 1920 e 1923. Na Segunda República presidiu a Asociación Unión Republicana que se constituíu en 1931 e presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pero non foi elixido. Militou no Partido Radical e desenvolveu dende La Voz de Galicia unha campaña contra a corporación municipal presidida por Jesús Fojo Díaz.
En 1946 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.
Predecesor: Manuel Sandomingo Crego |
Alcalde de Ortigueira 1914 - 1915 |
Sucesor: Federico Maciñeira Pardo de Lama |
Predecesor: Adolfo Teijeiro Botana |
Alcalde de Ortigueira 1918 |
Sucesor: Federico Maciñeira Pardo de Lama |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Dávila en 1905.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 22-5-1952, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rosende, Anxel M. (1988). O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-399-9.