Manuel Corzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 ![]() Chandoiro, España ![]() |
Alcalde do Bolo | |
1993 – 2023 ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | O Bolo ![]() |
Ocupación | político, médico, adegueiro ![]() |
Manuel Corzo Macías, nado en Chandoiro[1] (O Bolo) en 1941, é un médico, adegueiro e político galego do PPdeG, que foi alcalde do Bolo durante tres décadas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De profesión médico, traballou de doutor no Bolo moitos anos[2]. Elixido concelleiro por AP a primeiros dos 80, e despois baixo a candidatura do PP, foi designado tenente de alcalde do Bolo polo PPdeG. Renovou a concellería nas municipais de 1991 integrado no PPdeG, pero só uns meses máis tarde encabezou a moción de censura de Centristas de Galicia contra o alcalde tamén popular Silverio Fernández: o propio Corzo foi elixido alcalde en 1993.[3]
Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta (incluso nas municipais de 1999 como único candidato), ata que en 2023 anunciou a súa retirada[2].
Dono da adega de viño Viña Corzo, que herdou do pai en 2004, compaxinou este labor coa súa militancia política. A adega está adscrita á Denominación de Orixe Valdeorras, e ten unha produción de mencía e godello en cinco hectáreas de aba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Covas, M.; Andaluz, C. (2023-02-21). "Alcaldes y candidatos con 80 años: «Se non morro, penso presentarme»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-04-27.
- ↑ 2,0 2,1 "Manuel Corzo no se presentará a alcalde de O Bolo en las próximas elecciones". Somos Comarca (en castelán). 2023-02-21. Consultado o 2023-04-27.
- ↑ SOLUCIÓN: Un proyecto de 1991 garantizaba la traída para todo el municipio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Silverio Fernández Fernández |
![]() Alcalde do Bolo 1993 - 2023 |
Sucesor: Alberto Vázquez Rodríguez |