Manuel Cuíña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1966 (58 anos) A Bandeira, España |
Alcalde de Silleda | |
2013 – 2024 (dimisión) ← Paula Fernández Pena – Paula Fernández Pena → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Silleda |
Ocupación | político, transportista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, saíu elixido concelleiro e foi nomeado tenente de alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder en outubro de 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente de alcalde de Silleda tras recuperar os socialistas o goberno. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada.[1] Nas eleccións municipais do 2015 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.[2] Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais do 2019.[3]
Nas municipais do 2023 logrou maioría simple e foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Porén, dous meses máis tarde, en xullo de 2023, e logo dun pleno onde non conseguiu o apoio do BNG para a distribución de soldos e dedicacións, presentou a súa dimisión,[4] que retirou posteriormente. Dimitiu como alcalde o 12 de xaneiro de 2024 para ser o número seis da lista do PSdeG-PSOE de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2024.[5] Foi substituído por Paula Fernández Pena.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manuel Cuiña accede a la Alcaldía y propone a la oposición un acercamiento de programas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine., en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 7/10/2016).
- ↑ "ACTA DA SESIÓN PLENARIA DE CONSTITUCIÓN DO CONCELLO DE SILLEDA, DO 15 DE XUÑO DE 2019" (PDF). silleda.es. 15 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Dimite el alcalde de Silleda
- ↑ Manuel Cuiña deixa a alcaldía de Silleda tras 17 anos
- ↑ Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda una década después de su marcha.
- ↑ Cofán, Davíd (15 de xaneiro de 2024). "Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda tras la renuncia de Manuel Cuíña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Paula Fernández Pena |
Alcalde de Silleda 2013 - 2024 |
Sucesor: Paula Fernández Pena |