Manuel Facal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1943 ![]() Carballo, España ![]() |
Morte | 6 de abril de 2024 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, gravador, fotógrafo ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Manuel Facal Ponte, nado en Carballo o 20 de xullo de 1943[1] e finado en Benagalbón (provincia de Málaga) o 6 de abril de 2024,[2] foi un gravador e pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos seus inicios dedicouse ao debuxo, con inspiración en Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Urbano Lugrís. Achegouse a tendencias máis convencionais un breve espazo de tempo que viviu en Vigo. A mediados da década dos setenta trasladouse a Barcelona, para estudar e traballa no deseño gráfico e téxtil.
A súa dedicación ao gravado empezou durante a súa estancia en Londres, nos anos setenta, onde aprendeu a técnica de man da arxentina Carmen García. Interesoulle a textura e a morfoloxía dos materiais. Viaxou por Grecia, Turquía e Italia e cultivou un cinetismo emparentable con Victor Vasarely e Eusebio Sempere, exacto, xeométrico, case mecánico.
Coñeceu Nova York, onde afondou en novos modos de expresión, e foi ao norte de Europa para ensaiar representacións abstractas de animais. O seu dominio das técnicas do gravado levárono a realizar obras para artistas como Joan Miró; tamén ensaiou a pintura de gran materia, afastada da representación formal, e os seus cartafoles de gravados sobre Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e outros escritores galegos.
O movemento aglutinado polo Grupo Atlántica nos anos oitenta proxectou a súa visión da arte, que derivou cara a modos "pobres" do cartón e a colaxe. Non abandonou a estampación e un dos traballos máis notables foi a serie de augafortes titulada "As cinzas do amor", sobre textos de poetas españois. En 1987 instalouse nunha vila da serra de Málaga.
Fixo exposicións en todo o mundo: Nova York, Londres, Porto Rico, Noruega, Galiza e Suramérica e con presenza en importantes colectivas de pintura e sobre todo, gravado. Está representado en museos de Galiza, Centro e Suramérica, Estados Unidos de América, España, países escandinavos e Portugal.[Cómpre clarificar]
Colaborou en Luzes de Galiza e A Nosa Terra.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 191. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Falece o artista bergantiñán Manuel Facal". Nós Diario. 7 de abril de 2024.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- I Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989.
- VV. AA.: O proceso abstracto. Santiago, Consorcio da Cidade de Compostela, 1993.
- "Facal Ponte, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 26. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 106. ISBN 84-7680-429-6.
- "Facal Ponte, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 39.
- "Facal Ponte, Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 870. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Facal Ponte, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 8. Ir Indo. 1999-2002. p. 513. ISBN 84-7680-288-9.
- "Facal Ponte, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 559. ISBN 84-7492-465-0.
- López Bernárdez, C. (2005). Breve historia da arte galega - Breve historia del arte gallego (en bilingüe). Nigra Trea. ISBN 84-95364-33-6.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 276. ISBN 84-95364-15-8.