Manuel Fontoira Peón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1907 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 18 de maio de 1986 ![]() Pontevedra, España ![]() |
![]() | |
1948 – 1951 ← Rafael Picó Cañeque – Luis Rocafort Martínez → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Manuel Fontoira Surís, Rafael Fontoira Surís ![]() |
Manuel Fontoira Peón, nado en Pontevedra o 30 de xullo de 1907 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1986, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, logo marchou completar os seus estudos, doutorarse e especializarse en pediatría na Universidade Central de Madrid. Ao remate da súa formación regresou a Pontevedra onde exerceu a medicina, e onde chegaría a fundar o Sanatorio Santa María.
Xa durante o franquismo, foi deputado provincial en Pontevedra, e vicepresidente (1942-1948) e logo presidente (1948-1951) da deputación de Pontevedra e en calidade dese posto presidiu o padroado do Museo Provincial de Pontevedra. Tamén foi procurador en Cortes.
Membro fundador da Sociedade de Pediatría de Galicia e o seu presidente. Finou en Pontevedra o 18 de maio de 1986.[1]
Predecesor: Rafael Picó Cañeque |
![]() Presidente da Deputación de Pontevedra 1948 - 1951 |
Sucesor: Luis Rocafort Martínez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Lydia Fontoira, do pediatra e político Manuel Fontoira Surís e do arquitecto Rafael Fontoira Surís.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-5-1986, p. 58.