Saltar ao contido

Manuel Gómez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Gómez Fernández
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesVarillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoInterior, extremo

Manuel Gómez Fernández, alcumado Varillas,nado en Santander en 1944, é un exfutbolista español que xogaba como extremo e interior.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formou parte do Atlético de Madrid, que o cedeu durante as tempadas 1965/66 e 1966/67 ao Valladolid, de Segunda División.[1] En xuño de 1967 reforzou xunto aos seus compañeiros Ocaña e Bernal o Racing de Ferrol para a disputa da 22ª edición do Trofeo Teresa Herrera,[2] e marcou un gol nas semifinais contra o Deportivo da Coruña e outro na final diante do Celta de Vigo, contribuíndo así á conquista do título.[3]

Ao seu regreso de Galicia, e a pesar do interese do Racing en quedar con el no equipo, saíu cedido ao Europa, tamén de Segunda División.[4] Posteriormente xogou no Alcoyano e no Gimnástica de Torrelavega.

  1. "Varillas, un extremo comodín, aspira a llegar lejos en el fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 1967. p. 7. 
  2. "Las posibilidades del "Rácing" en el "Teresa Herrera"". La Noche (en castelán) (14233). 22 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 12 de outubro de 2022. 
  3. "El XXII "Trofeo Teresa Herrera" pasó a las vitrinas del Racing de Ferrol". La Noche (en castelán) (14240). 30 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 12 de outubro de 2022. 
  4. "Bernal y Varillas no han fichado por el Racing". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de agosto de 1967. p. 14. Consultado o 12 de outubro de 2022.