Manuel Gallego González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 O Incio, España |
Morte | valor descoñecido Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Membro de | |
Manuel Gallego González, coñecido como Manolo Gallego, nado no Incio cara a 1911 e finado en Caracas, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PCE. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no exército leal. Foi comisario da defensa antiaerea (DECA) no Ebro e en Cataluña. Ascendeu a comisario de Brigada por méritos de guerra na batalla do Ebro. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado nun campo de concentración. Exiliouse en Venezuela en 1940, e foi secretario xeral do PCE en Venezuela ata a súa morte. Organizou e presidiu o Lar Gallego de Caracas.
O seu sobriño, con mesmo nome, foi detido e acusado sen probas dun atentado á Fosforera en febreiro de 1963,[1] e permaneceu dous anos exiliado no Uruguai.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 12-2-1963, p. 7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campos Álvarez, Xosé Ramón (2006). "El exilio gallego en Venezuela y su papel en el asociacionismo (1949-1960)" (PDF). Minius XIV: 7–32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xullo de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020.