Manuel Gallego Salgueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 (110/111 anos) Nigrán, España |
Actividade | |
Ocupación | electricista, político |
Manuel Gallego Salgueiro, coñecido como Conejín, nado en Nigrán cara a 1913, foi un electricista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Constante Gallego Salgueiro. Electricista, veciño da Angustia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 25 de outubro.[1] Voveu ser reclamado mediante requisitoria o 9 de abril de 1938 xunto con Modesto Pérez Misa.[2]Declarado en rebeldía. Foi detido o 24 de novembro de 1938. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 11 de marzo de 1939 con Modesto Pérez Misa, Purificación Veiga Campos, Manuel Rodríguez Domínguez, Avelino Veiga Gallego, Julio Veiga Campos, Adelina Veiga Campos, Belarmina Quinteiro Gallego, Olivia Veiga Campos, Juana Campos Costas, Adoración Gallego González, Mercedes Salgueiro Salgueiro, Balbina Salgueiro Rodríguez, Angelina Salgueiro González, Julia Rodríguez Domínguez e Prudencio Figueiras Bastos; Manuel foi condenado a pena de morte.[3] Foi indultado en outubro de 1939 e a sentenza conmutada por cadea perpetua.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1940.[5] Cumpriu condena na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e no Destacamento penal das Minas de Casaio de onde saíu en liberdade condicional en novembro de 1943.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Prisión Provincial de Pontevedra con Belarmina Quinteiro Gallego en xullo de 1939.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 27-10-1936, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-4-1938, p. 3.
- ↑ A volta das nove
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-10-1939, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-1-1940, p. 5.
- ↑ BOE, 28-12-1943, p. 12309-12311.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-7-1939, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González, Juan A. (1998). Nigrán. Memoria dunha guerra (1936-1939). Do Cumio. ISBN 978-84-8289-074-6.