Manuel Gallego Vila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1937 Taboadela, España |
Morte | 19 de abril de 2024 (86 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Taboadela | |
1972 – 2019 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Gandaría |
Lugar de traballo | Taboadela |
Ocupación | político, industrial |
Manuel Gallego Vila, nado en Taboadela o 29 de maio de 1937, e finado o 19 de abril de 2024,[1] foi un industrial avícola e político galego do PPdeG, alcalde de Taboadela durante 47 anos.[2][3] Foi o edil máis lonxevo de Galicia.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante no País Vasco, regresou a Galicia durante o franquismo e montou unha granxa de aves que estivo no berce da creación de Coren, a cooperativa avícola fundada por Euloxio Gómez Franqueira[5] e que tivo unha extensión á política do rural ourensán.[6]
En 1967 entrou de concelleiro en Taboadela, por designación,[1] e foi nomeado alcalde do concello de Taboadela en 1972. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD, e logrou a alcaldía.[1] Permaneceu como alcalde nas sucesivas eleccións ata 2019, pasando por Coalición Galega, Coalición Progresista Galega, Centristas de Galicia e finalmente o Partido Popular de Galicia, sempre con maiorías absolutas.
En 2019, foi apartado da carreira pola alcaldía e foi substituído como candidato ás eleccións municipais de 2019 por Antonio Paz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 F., A. (19 de abril de 2024). "Muere Manuel Gallego Vila, alcalde de Taboadela durante medio siglo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2024.
- ↑ Europa Press (19 de abril de 2024). "Fallece Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años". galiciapress.es (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (19 de abril de 2024). "El Concello de Taboadela decreta dos días de luto oficial por el fallecimiento del que fuera alcalde, Manuel Gallego". ourense.com (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (19 de abril de 2024). "Muere Manuel Gallego Vila, el que fuera el alcalde mas longevo de Galicia". laregion.es (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2024.
- ↑ Rodríguez, Xosé Manuel (24 de febrero del 2019). "A min en política nunca me dirixiu ninguén, sempre fun libre para decidir" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán) (Edición de Ourense ed.). p. L5. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (2019-01-31). "Se retira el alcalde más veterano de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: - |
Alcalde de Taboadela 1972 - 2019 |
Sucesor: Álvaro Vila Araújo |
- Alcaldes de Taboadela
- Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Alcaldes de Galicia pola UCD
- Alcaldes de Galicia por Coalición Galega
- Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Nados en 1937
- Nados en Taboadela
- Galegos do País Vasco
- Empresarios do sector agrícola
- Finados en 2024