Manuel García Becerra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() Verín, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Pai | Lino García Vázquez ![]() |
Manuel García Becerra, nado en Verín en 1905, foi un avogado e político galego con ideoloxía de esquerdas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Lino García Vázquez. Estudou Dereito e na Escola de Enxeñeiros de Madrid. Colaborou en El Pueblo Gallego. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Foi subsecretario de Obras Públicas en 1933. Formou parte do sector progresista que abandonou o Partido Radical-Socialista para fundar o Partido Republicano Radical Socialista Independiente e despois integrouse en Izquierda Republicana, da que foi elixido vicesecretario da súa comisión executiva en abril de 1934.[1] Participou no acto de desagravio a Castelao en Madrid a súa volta de Extremadura. Presentouse por Izquierda Republicana ás eleccións xerais de 1936, pero non resultou elixido. Foi secretario do Ministro de Instrución Pública dende marzo de 1936,[2] e delegado do Goberno na Telefónica en xullo de 1936.[3]
Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer do que logrou fuxir.[4] Foi representante de Izquierda Republicana no SERE, e exiliouse en Cuba, onde colaborou no xornal Luz. Dende 1947 estivo exiliado en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Diccionario escolar americano, México, 1963.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O concello de Verín, a proposta da minoría socialista, aprobou en marzo de 1936 designar co seu nome a antiga rúa da Cruz.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Madrid con Filito Muñoz Nicart en 1932.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Libertad, 19-4-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 10.
- ↑ La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 8.
- ↑ Carta de Manuel García Becerra a José Giral en solicitud de ayuda tras su huida del campo de concentración de Argèles
- ↑ Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 14.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1932, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. ISBN 978-84-323-1387-5.