Saltar ao contido

Manuel García Cambón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Cambón
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel García Baliña Editar o valor em Wikidata

Manuel García Cambón, nado en Logrosa (Negreira) o 27 de novembro de 1907 e finado en Santiago de Compostela o 25 de maio de 1990, foi un empresario galego.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi o segundo de sete irmáns e quedou orfo de nai aos 12 anos. Aos catorce anos empezou a traballar como aprendiz de carpinteiro no taller dun veciño. Un ano despois empezou a dedicarse ao serrado de madeira no monte. Fundou en 1931 o seu primeiro serradoiro en Negreira e en 1946 creou FINSA unha empresa de explotación e transformación de madeira que terá o seu nicho de negocio no financiamento: a empresa, acrónimo de Financiera Maderera, SA, mercaba a madeira aos propietarios dos montes ao longo de toda a fase de crecemento das árbores, o que lle permitía fidelizar o vendedor e realizar investimentos máis baixos e continuados. Esta forma de negocio resultou rendible e en 1964, montou unha fábrica de taboleiro de madeira en Pontecesures e cinco anos máis tarde, en 1969, abriu a planta central en Santiago de Compostela. A finais dos setenta comeza o seu despregamento coa compra de firmas do sector, como a ourensá Oremberg, ou posteriormente Foresa.

Foi tamén presidente da Asociación Técnica de Investigación das Industrias da Madeira (AITIM), unha asociación de normalización do sector madeireiro español, entre 1983 e 1987.

Finou en Santiago de Compostela o 25 de maio de 1990.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Sara Baliña Pérez. Ao seu falecemento, a maior parte das accións da firma foron herdadas polos seus fillos Manuel García Baliña, que o sucedeu como presidente, e Santiago García Baliña. Volveu casar con María Cristina Villar Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-5-1990, p. 57, 71.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rico Boqueta, Eduardo (2006). "De serrador a empresario" in Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 461–479.