Saltar ao contido

Manuel García Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel García Enríquez
Biografía

Manuel García Enríquez, coñecido como Moreno, nado en Monforte de Lemos cara a 1905, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro en Monforte de Lemos, foi presidente da UGT de Monforte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto;[1] foi encarcerado na prisión de Monforte o 31 de agosto. Xulgado na causa 1182/37, o seu proceso foi sobresido. Saíu da prisión de Monforte o 14 de febreiro de 1938.

  1. El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]