Saltar ao contido

Manuel Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Gato

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGato Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005 Albacete Balompié B
2004–2007   Albacete Balompié 48(5)
2007–2009   Pontevedra CF 73(12)
2009–2010 Alicante Club de Fútbol 17(6)
2010–2010 UB Conquense 16(4)
2010–2012 Club Deportivo Alcoyano 76(24)
2012–2015 CE Sabadell 90(9)
2015–   Hércules CF
  Selección nacional Número de partidos xogados
2001–2001   España sub-16 2(1)

Manuel Gato Thomason, nado en Alacant o 28 de xaneiro de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing CF Benidorm.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2007–08 fichou polo Pontevedra CF, de Segunda División B (Grupo 1), onde permaneceu dúas campañas. Nese primeiro ano, adestrado por Javi Gracia, participou en 36 encontros e anotou 6 goles, sendo o dianteiro titular do equipo e logrando o cuarto posto na liga, clasificándose para a eliminatoria de ascenso a Segunda División (onde caeron no play-off fronte o AD Ceuta). Na tempada 2008–09 xogou 35 partidos e marcou 5 goles, sendo adestrado inicialmente polo galego Rafa Sáez e desde a xornada 21 por José Aurelio Gay. Foi o terceiro goleador do cadro de xogadores, por detrás de Charles e Yuri (9 goles, ambos) e anotando os mesmos tantos que Alejandro Vázquez. Ese ano o conxunto pontevedrés logrou o duodécimo posto na táboa.

Na tempada 2009–10 fichou polo Alicante CF, de Segunda División B (Grupo 3). No conxunto alacantino, adestrado polo asturiano Vicente Borge, participou en 17 partidos e anotou 6 goles, foi un dos principais atacantes do equipo, xunto con Sergio Postigo e Jon Uriarte.

En xaneiro de 2010 fichou polo UB Conquense de Segunda División B (Grupo 2). No conxunto manchego, adestrado por Eloy Jiménez, xogou 16 partidos e marcou 4 goles, logrando a final da campaña o décimo posto da clasificación. Debutou con gol nunha vitoria a domicilio fronte o CD Leganés (1–4), na xornada 21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]