Manuel Girón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1910 Salas de los Barrios, España |
Morte | 2 de maio de 1951 (41 anos) Molinaseca, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Girón |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo |
Familia | |
Irmáns | José Girón Bazán |
Manuel Girón Bazán, alcumado Girón, nado en Barrios de Salas (O Bierzo) o 16 de febreiro de 1910 e finado en Molinaseca (León) o 2 de maio de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista. Actuou principalmente en León e oriente de Galiza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia campesiña e el mesmo campesiño. Despois de loitar durante a guerra civil, na fronte de Asturias,[1] como outros, integrouse nas partidas de fuxidos xunto co seu irmán José. Acabarían por refuxiarse na serra Calva, nos límites entre a rexión leonesa e Galiza. Xefe de partida, a súa actuaría nos concellos ourensáns do Bolo, A Veiga, Carballeda de Valdeorras e Viana do Bolo, e tamén na comarca zamorana de Sanabria. En 1949 marchou a Francia con Silverio Yebra Granja, e regresou rapidamente con el.
Abandonou a zona onde operaba, para actuar con maior intensidade nas comarcas leonesas da Cabreira e O Bierzo, que non deixara de visitar anteriormente. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Silverio Yebra, Francisco Martínez López e Pedro Juan Méndez en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Vítima dunha emboscada, foi asasinado en Las Puentes del Malpaso (Molinaseca) por José Rodríguez Cañueto, un infiltrado da Garda Civil, en presenza da súa compañeira Alida González Arias o 2 de maio de 1951.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez López 2022, p. 27
- ↑ La verdadera muerte del hombre que mató a Girón
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouzas, Pemón (2022). Cando os lobos escoitaban a radio. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-091-5.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Macías, Santiago (2005). El monte o la muerte (en castelán). Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-454-3.
- Martínez López, Francisco (2022). Caminos de resistencia (en castelán). Cádiz: Ediciones El boletín. ISBN 978-8412548617.