Saltar ao contido

Manuel González Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel González Iglesias
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Manuel González Iglesias, coñecido como O xastre de Lalín, nado en Lalín e finado en Buenos Aires o 11 de xullo de 1926, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigra moi novo a Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Sociedade Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires. Foi autor de dúas pezas teatrais nas que ridiculizaba ao caciquismo. En 1918 dirixiu La Voz del Centro editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires. Fundador e dirixente da sociedade Unión del Partido de Lalín, da que foi elixido presidente en 1923, foi tamén directivo da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (1921) e colaborou no seu periódico El Despertar Gallego. Tamén colaborou en Teo. Finou en Buenos Aires o 11 de xullo de 1926.[1]

  • As obras magnas de Leonardo, estreada en 1915.
  • En Festa, estreada en 1917.
  1. El Despertar Gallego, 18-7-1926, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 49. ISBN 978-84-96368-00-2.