Manuel Gutiérrez Abella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 ![]() Paradaseca, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo ![]() |
![]() |
Manuel Gutiérrez Abella, nado en Paradaseca (Vilafranca do Bierzo) en 1912, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PCE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desertou do exército rebelde e formou parte dun grupo de prófugos da zona de Casaio xunto cos irmáns Gutiérrez Alba e Amaro Pérez Poncellas cos que despois se uniu á guerrilla. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou da Federación de Guerrillas de León-Galicia, organización que non abandonou pese ás ordes do PCE. Foi lugartenente de Edelmiro Alonso García subxefe da 3ª Compañía da I Agrupación da Federación que actuaba entre a estrada Ponferrada-Lugo, os límites das provincias de Lugo e Asturias, e o río Sil entre Ponferrada e Villablino.
En xullo de 1947 xunto con César Ríos, Serafín Fernández Ramón, Amadeo Fornelo a súa compañeira Antonia Rodríguez Ríos, Edelmiro Alonso e súa muller Adoración Campo, decidiu trasladarse a Francia. Reuníronse os sete o 27 de xullo preto de Pobladura, a poucos quilómetros de Ponferrada. Escondidos na casa dun enlace, foron avisados pola noite da chegada da Garda Civil, e quedaron inmediatamente baixo os disparos dos gardas. Tres resultaron feridos, pero todos lograron fuxir e recuperar o seu punto de apoio. Pouco despois, un grupo de seis guerrilleiros cenetistas conseguiron saír do Bierzo e chegar a Bilbao desde onde foron evacuados por García Magdalena e outros militantes cenetistas. Aproveitando o partido de fútbol entre o Athletic Club e a Real Sociedad os guerrilleiros foron a Donostia en trens repletos de simpatizantes, o que impediu o control rigoroso da policía. Despois trasladáronse a Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 82. ISBN 84-8485-231-8.