Manuel Juncal Paredes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1898 Moaña, España |
Morte | 12 de maio de 1937 (38/39 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Pazos de Borbén | |
1936 – 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Manuel Jesús Juncal Paredes, nado en Moaña cara a 1898 e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Juncal Currás. Foi mestre interino en Moaña (1921), en 1923 foi destinado a San Mateo de Oliveira (Ponteareas), en 1925 a Tameiga, despois a Nespereira (Pazos de Borbén) e en 1933 coa súa muller ás Escolas Graduadas do Porriño.[1] Foi alcalde de Pazos de Borbén.[2] Militante de Izquierda Republicana, foi vocal do Comité pro-Autonomía de Galicia do Porriño en xuño de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra, foi fusilado o 12 de maio de 1937.[4] Foi separado do servizo e baixa na escala en xaneiro de 1941.
Predecesor: ? |
Alcalde de Pazos de Borbén 1936 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa tamén mestra María Clotilde Gayoso Rodríguez en 1924.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 18-5-1933, p. 6.
- ↑ "Xeración perdida". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-6-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-5-1937, p. 2.
- ↑ Vida Gallega, 30-6-1924, p. 33.