Manuel López Esperón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1924 ![]() Campañó, España ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 2021 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Manuel López Esperón, coñecido como Manolo Campañó, nado en Campañó (Pontevedra) o 12 de xullo de 1924 e finado o 1 de xaneiro de 2021, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo estudos de maxisterio. Na República participou nas Juventudes Socialistas Unificadas. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou no Partido Comunista de España a principios dos anos corenta. Foi membro do comité comarcal, intercomarcal e provincial do PCE. Foi secretario de axitación e propaganda e despois secretario de organización. Organizou os comités comarcais do PCE de Vilagarcía de Arousa, Ponte Caldelas, Caldas de Reis e Cachafeiro. Foi enlace da guerrilla antifranquista, contactando con Julio Bazarra Constenla. Foi detido en Vigo, onde estaba tratando de reorganizar o PCE, a principios de xuño de 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, con Carlos Crespo Alfaya, Severino Domínguez Rey, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco. Xulgado en consello de guerra, foi condenado a 12 anos, que cumpriu na prisión de El Dueso. Saíu en liberdade vixiada en agosto de 1952.[1] Asistiu ao V congreso do PCE.