Manuel Lamazares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 (92/93 anos) Rodeiro, España |
Alcalde de Rodeiro | |
1966 – 1998 (dimisión) – Eliseo Diéguez García → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Manuel Lamazares Pardo, nado en Rodeiro en 1931, é un mestre e político galego que foi alcalde de Rodeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Dereito, sendo procurador. Mestre nacional, estivo destinado en Asturias, e en 1965 pasou á escola da Portela (Rodeiro). Foi nomeado xuíz de paz de Rodeiro. Pertenceu á Frente de Juventudes e militou en Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Rodeiro polo gobernador civil a principios de abril de 1966,[1] e continuou no posto ata 1998. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse por UCD, obtendo a maioría absoluta. Obtivo sempre a maioría absoluta nas seguintes eleccións, primeiro baixo as siglas AP-PDP-UL e despois co PPdeG ata 1995, o último ano en que se presentou. Foi deputado provincial en outubro de 1989.[2] En 1998 decidiu abandonar a política.
Predecesor: Javier Hermida Vázquez |
Alcalde de Rodeiro 1966 - 1998 |
Sucesor: Eliseo Diéguez García |