Saltar ao contido

Manuel Lemus Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Lemus Noya
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor en Wikidata
A Ponte do Porto, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Barakaldo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaA Ponte do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Santurtzi Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolicía Editar o valor en Wikidata

Manuel Lemus Noya, alcumado Loló, nado na Ponte do Porto (Camariñas) en 1932 e finado en Barakaldo o 6 de abril de 1978, foi un policía municipal galego que faleceu asasinado por membros de ETA militar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrado ao País Vasco, traballaba de policía municipal en Santzurtzi. O 24 de febreiro de 1978, cando saía da súa casa de Bilbao en dirección ao traballo, foi tiroteado dende un coche. O atentado foi reivindicado por ETA militar, quen acusou o policía de pertencer os Lexionarios de Cristo, unha organización de ultradereita. Lemus Noya faleceu semanas despois do atentado, como consecuencia das feridas pulmonares recibidas.

Foi soterrado na Ponte do Porto.